ALIMÉNTATE BEN


 Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, en colaboración con diferentes consellerías, trata de fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores. Os plans buscan un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa favorecendo a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo e colaborativo do alumnado e do profesorado implicado.

Para o curso 2017-2018 levarase a cabo no colexio o programa Aliméntate ben.


Foi solicitada a participación na actividade Aliméntate Ben do Plan Proxecta coa colaboración da Consellería do Medio Rural. Esta actividade busca mellorar os hábitos alimenticios dos alumnos. Preséntase en dúas modalidades: Xermoliño e O Sabor está no mar.





A) Xermoliño: Busca coñecer as necesidades alimenticias por grupos de idade e tamén por nivel de actividade física mediante a realización de actividades prácticas cos productos alimenticios. Permite interpretar as informacións das etiquetas nos aspectros nutricionais e analizar a oferta alimentaria do comedor escolar. Finalmente permite elaborar propostas de mellora.


B)     O sabor da aventura está no mar: Esta modalidade ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de productos do mar de Galicia. Busca incidir e equilibrar as súas dietas.