.








Enlace para descargar o menú do mes:


MENÚ DO MES DE NOVEMBRO 2017



Comedor escolar 2017-2018: un curso máis non haberá cátering no novo colexio de Educación Infantil e a comida será elaborada no actual comedor. 


 
Alimentos ecolóxicos no comedor: o colexio busca sempre poder ofrecer  o mellor en todos os ámbitos para os seus alumnos, dentro das súas posibilidades. Por este motivo, e desde hai xa tempo, ven ofrecendo os mellores alimentos no comedor escolar, conscientes da importancia que ten unha alimentación saudable no crecemento e desenvolvemento dos nenos e nenas.  Así, por exemplo, só se cociña con aceite de oliva  e  están descartados produtos elaborados tales como salchichas, hamburguesas, san xacobos, barriñas de pescado, etc.



No comedor escolar son ofrecidos numerosos productos procedentes da agricultura ecolóxica, entre os que se salientan os iogures da Casa Grande de Xanceda (Mesía, A Coruña), o queixo de Avega (Agolada, Pontevedra) ou o leite de Ecoleia (Allariz), para o arroz con leite e a bica con cacao. Todos estes produtos levan o selo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Tamén se ofrece o igour de Loureiro






A maiores todas as pastas, spaghettis, macarróns e cererais así como as legumes tales como lentellas, fabas e garavanzos proceden de Ecolecera e están certificados polo Comité Aragonés de la Agricultura Ecológica.





Entre outras vantaxes, como o seu mellor sabor ou textura, todos estes alimentos teñen como denominador común non ser tratados con sustancias químicas de síntese nin ser procedentes de organismos modificados xenéticamente.




  








  





  





INFORMACIÓN SOBRE O COMEDOR ESCOLAR

      O comedor escolar atende a unha necesidade importante para moitas familias prestando un servizo moi estimable e fai un especial esforzo en ofrecer aos alumnos alimentos naturais polo que ten eliminado a dos menús escolares alimentos pouco saudables como bolería, conservas, San Xacobos, salchichas, hamburguesas, etc, en favor de legumes, cereais, verduras, pescados, carnes e froitas, moitos procedentes da agricultura ecolóxica con certificación. Así por exemplo só se cociña con aceite de oliva.

 Unha das tarefas básicas das familias é acostumar a que o alumno coma de todo, tarefa na que o colexio non pode ir en solitario. Unha vez máis pídese a implicación das nais e pais para que desde as súas casas se lles acostume a probar de todo tipo de alimentos xa que o comedor ten atopado dificultades para que certos alumnos coman de toda a variedade que se lles ofrece. Con máis razón cando son pratos tradicionais que aportan un valor nutritivo esencial para o seu crecemento.

O uso do comedor por parte dos alumnos debe ter en conta o cumprimento de certas normas. Normas que foron aprobadas  polo Consello Escolar, o que motiva o seu obrigado cumprimento por parte daqueles alumnos e familias que desexen beneficiarse deste servizo. É responsabilidade do persoal colaborador do comedor cumprir co labor de coidado, atención educativa e apoio ás actividades propias do mesmo pero tamén é das familias educar aos nenos e nenas para que fagan un uso correcto respectando aos seus compañeiros e persoal colaborador. O incumprimento reiterado das normas será comunicado ás familias e pode dar lugar a algún tipo de actuación.

O funcionamento e atención ao comedor escolar sería impensable sen o traballo diario das nais/pais colaboradores que poñen o mellor da súa parte para que os alumnos podan facer uso deste importante servizo, motivo polo que merecen o máximo respecto dentro e tamén fóra do colexio.


Normas  do  comedor  para  o  alumnado



§  Facer os desprazamentos entre a aula ou patio ata o comedor e viceversa, en orde e respectando aos compañeiros.

§  Non levantar a voz no comedor.

§  Respectar o lugar que se ocupa na mesa sen molestar aos compañeiros/as.

§  Respectar as ordes dadas pola encargada do comedor e as colaboradoras.

§  Dirixirse á encargada e ao persoal colaborador co debido respecto.

§  Respectar o mobiliario, aparellos e útiles do comedor (garfos, culler, coitelos, etc).

§  Respectar aos compañeiros no patio e nas actividades levadas a cabo antes e despois de comer.

§  Non levantarse da mesa sen motivo xustificado.

§  Solicitar a presenza da colaboradora ou encargada erguendo a man e sen berrar.

§  Axudar nas tarefas de servidores con responsabilidade.

§  Non levar xoguetes e menos xogar con eles ao hora de comer.



Normas  do  comedor  para  as familias

 

v  Inculcarlle aos seus fillos actitudes de respecto ao servizo do comedor, persoal colaborador, encargada e alumnado.

v  Abonar os danos que se produzan polo indebido uso dos aparellos do comedor (rotura intencionada de vasos, culleres, garfos, etc).

v  Axudar a respectar as normas do comedor, horarios e organización.

v  Os pais e nais e o persoal debidamente autorizado deberán asinar o impreso para a saída dos alumnos no tempo do comedor.

v  Informarse coa encargada e colaboradoras das posibles incidencias que teñan lugar.

v  Os pais e nais deberán estar sempre localizables na hora do comedor escolar.

v  Os pais e nais recollerán ao seu fillo/a á hora do comedor previa identificación e xustificación por escrito.

v  Consultar problemas e dúbidas directamente co colexio para obter as posibles solucións.

v  Respectar as persoas colaboradoras do comedor escolar, tanto no tempo escolar coma fóra do colexio.


Estas normas foron aprobadas polo Consello Escolar.