PLANS E PROXECTOS




O  PROGRAMA  PROA  2018





INICIO DO PROGRAMA PROA 2018: un curso máis o colexio volve a participar no Programa Proa coa actuación de reforzo, orientación e apoio. Trátase dunha actividade de reforzo educativo orientada ao alumnado con dificultades e sen custe para as familias. Os alumnos que sexan de transporte escolar terán tamén este desprazamento gratuíto ao remate da actividade, ás 17h30h. O programa será aplicado de xaneiro a xuño de 2016.
A aplicación deste programa para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, de luns a xoves, das 15h30 ás 17h30. Coa súa posta en marcha busca:
  • Concienciar ao alumno de que se pretende con ese tempo extraescolar.
  • Motivar ao alumno para que as metas que se pretenden as perciba como alcanzables.
  • Traballar técnicas de estudio e de organización e realización das tarefas.
  • Reforzar os coñecementos que se están dando na súa clase.
  • Empregar unha metodoloxía participativa a través da cal se podan observar as súas dificultades.


ALUMNADO AO QUE VAI DIRIXIDO

O alumnado deste programa é seleccionado polo seu Equipo de Ciclo e acude coa autorizacións das familias. As actuacións a levar a cabo coa implantación deste programa no colexio van dirixidas ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria que presenta as seguintes características: 

  • Alumnado con atraso madurativo.
  • Alumando con atraso curricular que dificulta o seu progreso educativo.
  • Alumnado con falta de hábitos de traballo e estudio.
  • Alumnado pouco motivado para o traballo na escola.
  • Alumnado con dificultades no desenvolvemento das áreas instrumentais





O  PLAN  PROXECTA  2018



 
 Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, en colaboración con diferentes consellerías, trata de fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores. Os plans buscan un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa favorecendo a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo e colaborativo do alumnado e do profesorado implicado.

Para o curso 2017-2018 levarase a cabo no colexio o programa Aliméntate ben.



Foi solicitada a participación na actividade Aliméntate Ben do Plan Proxecta coa colaboración da Consellería do Medio Rural. Esta actividade busca mellorar os hábitos alimenticios dos alumnos. Preséntase en dúas modalidades: Xermoliño e O Sabor está no mar.



A)     Xermoliño: Busca coñecer as necesidades alimenticias por grupos de idade e tamén por nivel de actividade física mediante a realización de actividades prácticas cos productos alimenticios. Permite interpretar as informacións das etiquetas nos aspectros nutricionais e analizar a oferta alimentaria do comedor escolar. Finalmente permite elaborar propostas de mellora.


B)     O sabor da aventura está no mar: Esta modalidade ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de productos do mar de Galicia. Busca incidir e equilibrar as súas dietas.










O  XOGO  DA  SERPE  2017




Durante o segundo trimestre de 2017 o colexio continuará un curso máis, en colaboración coa DXT, o Xogo da Serpe. Esta vez na versión “De Luxe”.

A campaña do Xogo da Serpe  utilizarse para levar a cabo outras actividades enfocadas á mobilidade sustentable ou relacionarse con campañas relacionadas coa calidade do espazo público, os plans de mobilidade, etc. Pode se aproveitar o seu carácter lúdico para traballar temas incluídos no currículo, en matemáticas, educación física, coñecemento do medio ou lectura e escritura.

As actividades da versión De Luxe son as seguintes:


  • Educación sobre mobilidade e seguridade viaria nas aulas
  • Análise do espazo público e deseño de rutas seguras ao redor do colexio
  • Celebración do día sen coches
  • Visitas da policía de tráfico e outros actores da comunidade (por exemplo, ONG de peóns ou ciclistas)
  • Exhibición de debuxos dos nenos/as sobre o tema
  • Iniciativas de intervención e acougado do tráfico na contorna do colexio



O calendario co que se traballará este curso é o seguinte:

1. Do 6 ao 17 de marzo: medición das formas de desprazamento que os alumnos están empregando para desprazarse ao colexio.
2. Do 20 ao 31 de marzo: posta en marcha do xogo.

3. Do 3 ao 7 de abril: segunda medición das formas de desprazamento que realizan os alumnos, unha vez pasada a experiencia do xogo.



Como se ve, marzo será o mes de preparación e de posta en marcha ocupando parte do mes de abril. O xogo da serpe é unha campaña dirixida aos nenos e nenas e aos seus pais e nais para animarlles a ir camiñando e en bicicleta ao colexio. Consiste nun xogo fácil de poñer en práctica e útil. O xogo permite organizar outras actividades en paralelo para mellorar a educación de todos en materia de mobilidade, medio ambiente e saúde. O xogo da serpe comezou como un proxecto pequeno en Flandes (Bélxica) e aos poucos foi crecendo ata converterse nunha importante campaña europea, na que participan escolas en diferentes países. Os datos mostran que o xogo aumenta o número de viaxes á escola en modalidades sustentables. Para axudar a estender esta boa práctica en Europa, creouse a Rede do Xogo da Serpe formada polos Puntos Focales Nacionais de 18 países europeos. O propósito principal da rede é apoiar a campaña en cada país, ampliar o seu impacto e compartir os resultados e as experiencias entre os seus participantes. Trátase dunha campaña desenvolvida a nivel europeo e dirixida tanto ás familias como aos alumnos co fin de animalos a desprazarse ao colexio con medios sostibles tales como camiñar, empregar a bicicleta, o transporte público ou o coche compartido. Consiste nun xogo  sinxelo  que nos permitiu  organizar outras actividades en paralelo para mellorar a educación de todos en materia de mobilidade, medio ambiente e saúde. No Xogo da Serpe participaron todos os alumnos de Primaria e 5 anos de Educación Infantil. Os alumnos de 3 e 4 anos non participarán pero para eles haberá diferentes materiais e xogos.

Que se entende por desprazamento sostible ao colexio?

  • -          Cando os alumnos veñan camiñando ou en bicicleta.
  • -          Cando veñan no autobús do transporte escolar ou municipal.
  • -          Cando compartan un coche dunha nai ou pai con outros alumnos.
  • -          Cando vindo en coche realizan camiñando os últimos 100 metros.




O curso pasado a posta en marcha desta actividade deu como resultado unha gran implicación por parte das familias, o que se traduciu nunha alta participación  no  Xogo Da Serpe. Esta actividade buscou animar a todos a tomar conciencia para facer unha mobilidade máis segura e á vez sostible. A pretensión final foi que os alumnos, unha vez rematado o xogo, continuaran a manter os hábitos adquiridos durante estes días de concienciación. A mobilidade sostible supuxo tamén  realizar os desprazamentos ao colexio na compaña doutros rapaces e rapazas, razón pola que se quixo que esta actividade contribuira a compartir a nosa amizade cos demais. En consecuencia, foi un obxectivo moi importante que esta actividade axudase  a mellorar a convivencia entre todos e todas. 




A MESA DE LUZ


Neste curso 2016-2017 levouse a cabo unha segunda liña de traballo paralela ó PFPP xa existente do curso pasado: Conservación do Medio Ambiente no Ensino de Infantil e de Primaria. A nova liña denomínase Estratexia metodolóxica para o traballo cooperativo, para dar a coñecer o aproveitamento pedagóxico da mesa de luz na aula de Infantil e P.T. Foron 60 horas  de traballo, repartidas nun curso de formación sobre as novas metodoloxías coa mesa de luz en Educación Infantil e un grupo de traballo para a elaboración das mesas de luz e  material pedagóxico para un uso cooperativo e inclusivo.
A mesa de luz está baseada na pedagoxía de Reggio Emilia. O ser autor Loris Malaguzzi, dáballe importancia ás actividades e xogos con luz e escuridade para fomentar a sensorialidade e creatividade. Consiste nun panel de luz, onde se poden resaltar propiedades e atributos dos elementos e materiais que se colocan enriba dela.




   
As mesas de luz invitan á observación, descubrimento, imaxinación, atención, exploración, creatividade, a ser científicos e artistas, e a explorar as cualidades físicas e expresivas da luz.   O seu poder atractivo fai que sexa máis fácil ver o que doutra maneira pode ser difícil de ver, e así poder ofrecer unha metodoloxía máis activa e participativa na atención á diversidade. Son un excelente recurso para a aprendizaxe académica como a lectoescritura, linguaxe, lóxica-matemática, e ciencias pero tamén para o xogo libre e a arte.
As mesas de luz permiten crear un espazo de aprendizaxe atractivo e acolledor, que anima aos nenos e nenas a participar en actividades de aprendizaxe a través do xogo, sen que  nin sequera se dean conta.  Son unha excelente fonte de información multisensorial, onde a vía visual cobra especial protagonismo. Os nenos e nenas séntense atraídos pola luz do panel e, a miúdo cálmanse coa estimulación visual mentres exploran un obxecto, polo que son un bo recurso non soamente para a etapa de Infantil senón, para nenos con dificultades de aprendizaxe.





Algunhas das actividades que se poden realizar son:

  • ·         Paletas de cores, trasbase de líquidos coloreados para explorar a mestura de cores.
  • ·         Radiografías para mirar osos e esqueletos de animais invitando ao  xogo dramático facéndose pasar por médicos e veterinarios. 
  • ·         Exploración de flores e follas para construír percepcións máis profundas do medio natural que a través da luz vense doutra forma.
  • ·         Perfeccionamento das habilidades motoras finas, a través da reprodución de grafismos sobre papel translúcido, e colocación de elementos de diferentes tamaños enriba dos camiños empregando diferentes útiles como pinzas, pallas....
  • ·         Clasificación e organización de obxectos e materiais atendendo a diferentes cualidades como forma, cor, cantidade...
  • ·         Reprodución de contos e creación de  historias novas a partir de imaxes translúcidas ou siluetas negras.
  • ·         Composición libre de obras artísticas, empregando diferentes elementos translúcidos atendendo aos diferentes centros de interese e festividades do curso académico.
  • ·         Reprodución da direccionalidade de letras, números, grafismos.. en bolsas con líquido colorante.







INTEGRACIÓN DA CONSERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE NO ENSINO  2016-17








Foi solicitado ao CEFORE un traballo de aprendizaxe por proxectos o cal levarse a cabo durante dous cursos escolares (2015-2016 e 2016-2017). Trátase de obter concienciación sobre a importancia de preservar o Medio Ambiente a través da acción de todos os membros da Comunidade Educativa.
As medidas organizativas internas do centro previstas para o desenvolvemento do plan consisten na distribución do traballo por pequenos grupos ou comisións. Cada grupo encargarase de procurar información, seleccionar e preparar o material para posteriormente utilizalo na aula e nas dependencias escolares. Tamén se tratará de poñer en funcionamento un blogue no que se recollan as actuacións que se vaian realizando.

O seguimento e avaliación do plan farase mediande a avaliación continua, motivo polo que se realizarán rexistros das actividades desenvolvidas nos que se comprobarán que se axustaron ao previsto, modificándose os aspectos da metodoloxía que sexan necesarios. Haberá formación e docencia para o profesorado implicado no proxecto e será adquirido todo o material necesario para as aulas e outras dependencias do colexio (contenedores, composteiro, etc).
As actividades asociadas que leva son as seguintes

·         Un Curso: Formación Documental

·         Un Seminario: Conservación do Medio Ambiente dende a escola.









   MELLORAS REALIZADAS NO VERÁN 2016




Durante os meses de xullo e agosto o colexio aproveitou este tempo sen alumnos para poder realizar diversas actuacións de mellora nas súas instalacións. Entre ditas melloras cabe sinalar as seguintes:

Renovación da cociña: foi pedida unha nova cociña para atender aos dous comedores de infantil e primaria, sendo instalada o día 5 de xullo. Esta actuación fora solicitada á Consellería de Educación.




Instalación de novas fritideiras: foran así mesmo pedidas novas fritideiras para a cociña que igualmente se instalaron en xullo. Esta actuación foi solicitada á Consellería.


Pulido e abrillantado do chan do comedor de Primaria e cociña: co obxectivo de mellorar a súa limpeza diaria posterior, así como obter unha mellor hixiene destes espazos, foi encargado a unha empresa especializada o seu pulido e abrillantado. Esta actuación tivo lugar no mes de xullo. Esta actuación foi executada polo colexio.




Renovación da calefacción do comedor de Primaria: foi solicitada a instalación dun sistema de calefacción máis efectivo no comedor de Primaria. En consecuencia foron instalados no mes de xullo cinco radiadores de doble convector con termostatos e  18.000 kilovatios de potencia. Esta actuación foi solicitada á Xefatura Territorial de Educación e foi executada pola Consellería.




Nova carpintería de aluminio en Primaria: foi solicitada a renovación das ventás das aulas que dan á fachada principal do colexio de Primaria por outras con climalit e rotura de ponte térmico. Esta actuación xa foi aprobada, estando a súa instalación prevista para agosto e complementa a levada a cabo hai dous anos cando foran renovadas todas as persianas da fachada e comedor por outras de aluminio. Esta actuación foi solicitada á Xefatura Territorial e será executada pola Deputación Provincial.



- Reparacións no patio de Primaria: no patio de Primaria terán lugar varias actuacións de mellora importantes entre as que cabe salientar a reparación das baldosas do chan. Outra actuación será o pintado de todo o balado metálico interior. Estas actuacións serán realizadas polo Concello de Allariz.

- Eliminación da presenza de pombas nun patio interior: por motivos de hixiene era necesario eliminar a presenza de pombas nun patio interior do edificio de Primaria (os alumnos non teñen acceso). Unha vez realizada a completa limpeza de dito patio foi instalada una estructura metálica que imposibilita que podan acceder de novo. Esta importante actuación foi solicitada ao Concello de Allariz e realizada en xullo.




Nova pista de voleibol/bádminton: aínda que esta pista púxose en funcionamento durante o terceiro trimestre deste curso, estaba sen rematar. Durante o mes de xullo estase procedendo a súa finalización.












PLAN  DE  AUTORPOTECCIÓN





PLAN DE AUTOPROTECCIÓN:  foron elaborados dous plans de autoprotección, un para o colexio de Primaria e outro para o colexio de Infantil. O persoal docente recibiu a correspondente formación e no mes de abril foi posto ao día en técnicas de Primeiros Auxilios pola Cruz Vermella.

Para poñer en práctica ditos plans co fin de realizar as melloras necesarias para a súa optimización simulouse unha situación de emerxencia producida por un hipotético incendio incontrolado na cociña. Trátase de medir tempos de saída dos alumnos das aulas ao punto de reunión, de chegada de bombeiros, protección civil, etc, e avaliar a eficacia das estratexias deseñadas. Esto vai a permitir contar cuns plans prácticos que chegado o caso podan ser de enorme utilidade.

En consecuencia co anteriormente exposto realizouse un simulacro de evacuación en cada colexio que movilizou ao 112, Policía Local, Protección Civil, Bombeiros, etc. 

Os simulacros de evacuación serán posteriormente realizados todos os cursos durante o primeiro trimestre co fin de que os alumnos se habitúen ás pautas que deben seguir no caso dunha emerxencia.

  


















Curso de Primeiros Auxilios: durante o mes de abril de 2016, as profesoras e profesores do colexio recibirán un curso de Primeiros Auxilios impartido pola Cruz Vermella. Esta actividade enmárcase dentro dun ambicioso plan de autoprotección que vai a poñer en marcha este centro. Con este curso preténdese que o persoal docente coñeza as técnicas básicas de intervención ante os diferentes tipos de accidentes que os alumnos podan sufrir co fin de resolver situacións de emerxencia aplicando os procedementos máis axeitados en apoio da asistencia sanitaria.










NOVAS AULAS DE INFORMÁTICA



Nova Aula de Informática no colexio de Infantil: dende o mes de xaneiro de 2016  o novo colexio de Educación Infantil conta xa coa súa propia Aula de Informática. Deste xeito o centro dispón dende agora de dúas aulas de informática: una para Primaria e outra para Infantil. En total, os alumnos e alumnas teñen a súa disposición nestes espazos  50 ordenadores.





Aula de Informática de Educación Infantil




Aula de Informática de Educación Primaria






   PATIO DE XOGOS EN INFANTIL



 


Equipamento para o patio de Infantil: foi solicitado á Consellería material de xogo para o patio do colexio de Educación Infantil. Este equipamento foi instalado o 26 de xuño de 2015. Estará a disposición dos alumnos no curso que ven.
























 



.