MENÚ DO MES



Enlace para descargar o menú do mes.


MENÚ DO MES DE ABRIL 2024






Comedor escolar do CEIP PADRE FEIJOO





Alimentos ecolóxicos no comedor: o colexio busca sempre poder ofrecer  o mellor en todos os ámbitos para os seus alumnos, dentro das súas posibilidades. Por este motivo, e desde hai xa tempo, ven ofrecendo os mellores alimentos no comedor escolar, conscientes da importancia que ten unha alimentación saudable no crecemento e desenvolvemento dos nenos e nenas.  Así, por exemplo, só se cociña con aceite de oliva  e  están descartados produtos elaborados tales como salchichas, hamburguesas, san xacobos, barriñas de pescado, etc.



No comedor escolar son ofrecidas productos procedentes da agricultura ecolóxica, entre os que se salientan os iogures da Casa Grande de Xanceda (Mesía, A Coruña), o queixo de Avega (Agolada, Pontevedra) ou o leite de Ecoleia (Allariz), para o arroz con leite e a bica con cacao. Todos estes produtos levan o selo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Tamén ofrece o igour de Loureiro.
 






A maiores conta con productos saudables tales como legumes, cereais e pastas ecolóxicas.  Así,  son consumidos produtos como lentellas, garavanzos,  macarróns, spaghettis, pasta, etc, procedentes de Ecolecera, certificados polo Comité Aragonés de la Agricultura Ecológica.







Entre outras vantaxes, como o seu mellor sabor ou textura, todos estes alimentos teñen como denominador común non ser tratados con sustancias químicas de síntese nin ser procedentes de organismos modificados xenéticamente.