O COLEXIO





DOCUMENTOS DO COLEXIO

Nos seguintes enlaces poderá acceder a importantes documentos do colexio:





 
 
 
 
 
 




 
 
 
 
 
 
PROGRACIÓNS DIDÁCTICAS LOMLOE PARA O CURSO 2023-2024
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 





PRINCIPIOS DE IDENTIDADE DO COLEXIO

Representan as características propias que debe ter o noso centro, así como os valores que se comparten dentro de toda a comunidade educativa. Os principios de identidade cos que se identifica o colexio defínese nos seguintes puntos:
 
  1. Estará presidido por unha  actitude e unha acción democrática.
  2. A súa acción educativa estará vinculada social e culturalmente ao entorno da vila de Allariz.
  3. Fomentará a participación de toda a comunidade educativa.
  4. Promoverá o respecto a diversidade.
  5. Favorecerá a igualdade de dereitos e oportunidades.
  6. Será respectuoso coas diferentes confesións relixiosas e opción ideolóxicas.
  7. Buscará a equidade pero compensando as desigualdades.
  8. Promoverá o uso la lingua galega.
  9. Promoverá as actitudes non sexistas.
  10. Promoverá o respecto e coidado ao medio ambiente.
  11. Fomentará as actitudes saudables.
  12. Terá en conta as necesidades, intereses e aptitudes do alumnado para dotar á actividade docente da suficiente flexibilidade.
  13. Favorecerá a atención individualizada ao alumnado.
  14. Promoverá o respecto das normas de convivencia.
  15. Procurará a resolución pacífica dos conflitos.
  16. Promoverá a innovación educativa.

VALORES QUE PROMOVE O COLEXIO


  1. A democracia
  2. A solidariedade
  3. A non discriminación
  4. A xustiza
  5. A tolerancia
  6. A liberdade persoal
  7. A paz e a convivencia
  8. O respecto aos demais e as diferenzas

OBXECTIVOS  BÁSICOS 


Son os obxectivos fundamentais que pretende o colexio. Deben estar en conformidade cos principios de identidade do colexio e dar resposta as necesidades educativas dos nosos alumnos e alumnas.

 
  1. Proporcionar a todos os alumnos/as un ensino de calidade, compensando as desigualdades.
  2. Proporcionar aos alumnos/as as competencias, destrezas e actitudes que desenvolvan as súas capacidades en todos ámbitos da persoa.
  3. Proporcionar aprendizaxes motivadoras e funcionais.
  4. Favorecer as actitudes de respecto, tolerancia e solidariedade.
  5. Realizar unha avaliación sistemática de todos os procesos.
  6. Potenciar a formación do profesorado.
  7. Favorecer a innovación educativa.
  8. Colaborar nas actividades complementarias e extraescolares.
 
  
 

Historia do colexio


 O colexio CEIP PADRE FEIJOO foi construído entre 1973 e 1974 como resultado da concentración escolar do Concello de Allariz e dos concellos de Taboadela e a Merca. Trátase do único colexio do concello. En 1999 sufriu  unha importante ampliación coa que se incoporaron novas aulas, despachos, unha sala de usos múltiples e un patio cuberto. Foi nese tempo cando pasou  a escolartizar só alumnos de Infantil e Primaria ata 6º curso. Os seus alumnos de 7º e 8º pasaron a escolarizarse en 1º e 2º da ESO no IES da vila. En 2012 foi aprobado un proxecto para construír nas súas proximidades un novo edificio con nove aulas, comedor e patio que acollería a toda a etapa de Educación Infantil. O 26 de setembro de 2013 comezouse a construír o edificio escolar que acollería aos alumnos de Educación Infantil. Dito edificio púxose en marcha no curso 2014-2015. Durante estes últimos anos o colexio foi vendo incrementar a súa matricula de xeito importante  polo que pasou de ter 308 alumnos en 2002 a ter 442 en 2019. No verán de 2020 o colexio de Educación Primaria recibirá una renovación cun custe próximo ós 600.000€.

 

Entorno social, cultural e natural
O concello de Allariz atópase na mitade occidental da provincia de Ourense, a uns 25 quilómetros da súa capital. Conta cunha extensión de 85,96 qm² e cunha poboación censada en 2011 en 6.003 habitantes. Os núcleos de poboación cos que conta son 92. A súa densidade é de 63 habitantes por qm². Estes datos poñen de relevo o dispersa que se encontra a súa poboación, o que terá  importancia no funcionamento do colexio xa que esta dispersión obriga a manter seis liñas de transporte escolar.
As terras do concello atópanse principalmente a carón do rio Arnoia. Terras que se enmarcan, por outra banda, entre dúas serras que atravesan este concello de oeste a leste. Dito rio tivo un aproveitamento moi importate dende tempos moi antigos, tanto para regadío e muiños como para producir enerxía eléctrica.
Destaca este concello polos premios obtidos polas diversas melloras levadas a cabo, entre as que destacan o galardón en 1994 do Premio de Urbanismo da Unión Europea, a obtención no ano 2000 da cualificación GOOD sobre boas prácticas na mellora do entorno urbano, por parte do Centro das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos, é tamén ser seleccionado para formar parte da Reserva da Biosfera da UNESCO no ano 2005.

Xornada Escolar
Durante todo o curso  a xornada será única de mañá, entrando e saíndo os alumnos de Infantil 5 minutos antes respecto dos de Primaria debido a que o transporte escolar precisa facer dúas paradas para a entrega e recollida dos mesmos con maior seguridade. Haberá actividades extraescolares das 15h30 ás 17h30. A xornada única de mañá contará con dous recreos.

 

 
                                           HORARIO  DO  COLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

7h30 – 9h10

AULA  DE  ESPERA

9h10 – 14h10

XORNADA ESCOLAR  DE  25 HORAS LECTIVAS

14h10 – 15h25

COMEDOR  ESCOLAR

15h30 – 17h30

ACTIVIDADES  EXTRAESCOLARES
Os alumnos de Infantil saen para ás súas casas ás 13h25, sen comedor, e ás 15h25 con comedor, hora a que tamén sae o transporte escolar para poder así recoller aos alumnos de Primaria.
                          HORARIO  DO  COLEXIO  DE  EDUCACIÓN  PRIMARIA

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

7h30 – 9h15

AULA  DE  ESPERA

9h15 – 14h15

XORNADA ESCOLAR  DE  25 HORAS LECTIVAS

14h15 – 15h30

COMEDOR  ESCOLAR

15h30 – 17h30

ACTIVIDADES  EXTRAESCOLARES (excepto venres)
 
HORARIOS  DE  RECREO 
1º Recreo
Das 11h15 ás 11h30
2º Recreo
Das 13h15 ás 13h30

Equipo humano
O colexio escolariza una media de 445 alumnos e alumnas distribuídos do seguinte xeito: 155 alumnos matriculados en Educación Infantil e 290 alumnos matriculados en Educación Primaria.
O equipo docente está formado por un total de 36 mestras/es dos que 11 imparten en Educación Infantil. Conta con 3 mestras/es de Lingua Inglesa, 2 de Educación Física, unha mestra de Música e dúas mestras de Relixión Católica. O claustro complétase co Equipo de Orientación formado por un Orientador, unha especialista en Audición e Linguaxe e tres especialistas en Pedagoxía Terapéutica.
O colexio imparte Educación Infantil e Primaria con oito unidades en Educación Infantil e con trece unidades en Educación Primaria. En total, o número de unidades ou grupos en funcionamento é de vinteún. Esta cifra ven tendo variacións duns cursos a outros en función do número de alumnos matriculados. O número de profesores é de trinta e seis, cifra que tamén varía pola razón anterior. A maioría son definitivos o que ven a mostrar un claustro con bastante estabilidade.
O persoal non docente consta de nove persoas e abrangue a unha coidadora para alumnos de necesidades educativas especiais, ao persoal de cociña (una oficiala e tres axudantas), ao persoal de limpeza e a un conserxe. O persoal non docente completaríase coas doce nais colaboradoras do comedor e as oito acompañantes dos autobuses.
Instalacións
 O centro está formado por dous edificios, un destinado a Educación Infantil (2014) e outro a Educación Primaria (1974). Neste último dispón dun edificio anexo que fora antes vivendas dos mestres e que actualmente está rehabilitado para as actividades docentes. Conta ademais cun pavillón de deportes do que fai uso aínda que con limitacións.
Edificio de Educación Infantil
Este edificio conta con 8 aulas, con baño propio, e os seguintes espazos:
v  Sala de profesores.- Dispón este colexio dunha sala para a reunión dos docentes si ben o seu espazo é reducido. Nel atópase a fotocopiadora e ten acceso a dous pequenos almacéns.
v  Sala de usos múltiples.- Eran dúas aulas que en obra se uniron ao eliminar un tabique que as dividía. Esta actuación permite que o edificio conte cunha aula de usos múltiples de 115 m2.
v  Comedor escolar.- Trátase dun espazo amplo e ben iluminado que conta con baños propios e un lugar para a preparación de alimentos xa que non ten cociña.
v  Aula de AL.- Coa eliminación dun dos almacéns foi posible poñer en marcha este espazo para a atención dos alumnos de Audición e Linguaxe.
v  Aula de Atención Educativa.- os alumnos que non son de relixión dispoñen dun espazo propio ao que desprazarse.
v  Patio de recreo.- Conta cun patio de recreo propio e independente do de Primaria no que dispón dun areeiro, así como de espazos aínda sen aproveitamento.
Edificio de Educación Primaria
Conta con aulas de Primaria, aulas de AL e PT, Departamento de Orientación, sala de usos múltiples/biblioteca, sala de mestres, comedor, despachos de dirección e secretaría.
v  Sala de Profesores.- O aumento da matrícula con leva o aumento no número de profesores que imparten clase no centro o que fai que na actual sala non sexa posible reunir ao claustro. Por este motivo vense utilizando a Sala de Usos Múltiples/Biblioteca.
v  Comedor Escolar.- O colexio conta con dous comedores escolares, un para Infantil e outro para Primaria. O comedor de primaria ten cociña.
v  Orientación.- o colexio conta cun orientador que dispón de despacho propio e que conforma o seu Equipo de Orientación con unha Al e dous PT.
v  Aulas de Pedagoxía Terapéutica.- Nestes momentos o centro conta con dúas aulas de PT. Unha das aulas está na planta baixa e outra atópase no último piso do colexio. A presenza dunha das aulas ben motivada pola existencia no centro dunha aula de atención específica.
v  Aula de AL.- o centro conta coa súa propia aula de Audición e Linguaxe.
v  Patio de recreo .- As actividades desenvolvidas son principalmente de lecer e deportivas. Tamén cumpren esa función nos tempos anterior e posterior ao comedor escolar, segundo o plan de actividades deste servizo. Ao medio día, nos días de chuvia ou de moito frío, os alumnos de Primaria utilizan o pavillón de deportes como espazo no que recollerse. O patio de Primaria conta con pistas de fútbol e baloncesto compartindo espazos, así como cun areeiro.
v  Biblioteca/Sala de Usos Múltiples.- A biblioteca emprégase tanto para o préstamo de libros coma para a lectura. No tempo de lecer do comedor escolar e principalmente nos días de choiva pode ser utilizada para acoller aos alumnos comensais que a súa vez ocupan dito tempo lendo ou noutras actividades educativas. Tiña o seu espazo propio dentro dunha aula ordinaria adaptada a este fin pero o aumento de matrícula obrigou a convertela en clase. Daquela o espazo era moi insuficiente para acoller a todo alumnado que fose superior en número ao dunha clase normal. Actualmente a Biblioteca foi desprazada para a Sala de Usos Múltiples, onde, si ben mellorou en aforo, debe agora compartir espazo e tempo coas actividades propias a desenvolver neste lugar como son ensaios para actuacións e festivais, representación de obras de teatro, conferencias e charlas, etc.

 
Edificios anexos a Primaria conta cunha aula de música, aula das tic, aula de pintura e aula de espera (é un servizo xestionado polo Concello de Allariz).
v  Pavillón.- Non é un espazo propio do centro senón do Concello á disposición do mesmo. As actividades principais que se realizan son as relacionadas coa área de Educación Física pero con limitacións para a práctica de deportes por equipos. No tempo de lecer do comedor escolar acolle aos alumnos maiores nos días de choiva. Tamén resulta un espazo aproveitable para levar a cabo aquelas actividades que requiran a presencia de público e a participación de tódolos alumnos principalmente se as condicións atmosféricas así o aconsellan, por exemplo o Entroido.
 
 
v  Aula de Informática.-  Dende o curso 2014-2015 conta cun ordenador por alumno. Non obstante estes últimos cursos este espazo mellorou a participación debido a unha mellor dinamización das TICS. Conta cunha pizarra dixital.
v  Aula de Espera.- Non depende directamente do colexio senón do Concello. Normalmente acolle a uns 20 alumnos. O seu horario é das 7h30 ás 9h15.
 
v  Aula de Música.- Ubicada nas vivendas, o seu uso limítase principalmente a área de música e a realización de Música e Movemento como actividade extraescolar. Esta actividade é responsabilidade do Concello.
v  Aula de Pintura.- desenvolve principalmente as actividades de pintura das que disfrutan os alumnos como actividade extraescolar. Esta actividade é responsabilidade do Concello.




         ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES EN INFANTIL


ACTIVIDADE

CURSOS

DÍAS

HORA

CUSTE

Nenoos 360

 

3, 4 e 5 anos

Mércores

Das 15h30 ás 16h30

29€/mes+19€ de matrícula + 19€ de material.

Socios da Anpa: 29€/mes  +matrícula gratis + 10€ de material

Teatro

 

3, 4 e 5 anos

 

Xoves

 

Das 15h30 ás 16h30

11€/mes

Socios da Anpa 10€/mes

Inglés lúdico    (da Fundación Ramón González Ferreiro)

 

4 e 5 anos

 

Martes

 

Das 15h30 ás 16h30

18€/mes

(Pago trimestral)

Judo    

(Judo Club Ourense)

5 anos

(xunto ao alumnado de 1º a 6º de Primaria)

 

Luns

 

Das 15h30 ás 16h30

 

Na aula de psicomotricidade de Infantil.

18€/mes + 22€ por licencia anual. Mínimo de participantes 16.

 

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CONCELLO DE ALLARIZ

QUE ENLAZAN CO COMEDOR ESCOLAR

 

Música e movemento

(Aula de psicomotricidade) 

4 e 5 anos

 

Martes ou mércores

Das 15h20 ás 16h20

Na aula de psicomotricidade de Infantil.

16€/mes

Predeportivas – Multideporte

(Escolas Deportivas Municipais)

 

3, 4 e 5 anos

Luns

 

Das 15h30 ás 16h30

 

No Pavillón de Deportes

15/€ mes

Pago trimestral





  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES EN PRIMARIA



ACTIVIDADE

CURSOS

DÍAS

HORA

CUSTE

Patinaxe

 

De 1º a 6º

Primaria

Mércores

(No patio cuberto e  exterior do colexio de Primaria)

Das 15h30 ás 16h30

 

15€/mes

Pago trimestral

Multideporte

(No patio cuberto e exterior do colexio de Primaria)

De 1º a 6º de Primaria

Xoves

(No patio cuberto e exterior do colexio de Primaria)

Das 15h30 ás 16h30

 

15€/mes

Pago trimestral

Judo

(Judo Club Ourense)

De 1º a 6º

Luns

(Na aula de psicomotricidade de Infantil)

Das 15h30 ás 16h30

 

18€/mes + 22€ por licencia anual. Mínimo de participantes 16.

Robótica

4º, 5º e 6º

Xoves

Aula de Informática

Das 15h30 ás 16h30

 

29€/mes+19€ de matrícula Socios da Anpa: 29€/mes  +matrícula gratis

Lego con robótica

1º, 2º e 3º

Martes

Aula de Informática

Das 15h30 ás 16h30

 

29€/mes+19€ de matrícula Socios da Anpa: 29€/mes  +matrícula gratis

Escola de Inglés Activo

(da Fundación Ramón González Ferreiro)

1º e 2º

Luns

Das 15h30 ás 16h30

 

18€/mes

Pago trimestral

Escola de Inglés Activo

(da Fundación Ramón González Ferreiro)

3º e 4º

Mércores

Das 15h30 ás 16h30

 

18€/mes

Pago trimestral

Escola de Inglés Activo

(da Fundación Ramón González Ferreiro)

5º e 6º

Xoves

Das 15h30 ás 16h30

 

18€/mes

Pago trimestral

Iniciación ao francés

(da Fundación Ramón González Ferreiro)

4º, 5º e 6º

Luns

Das 15h30 ás 16h30

 

18€/mes

Pago trimestral

Robótica

4º, 5º e 6º

Martes

Aula de Informática

Das 15h30 ás 16h30

 

29€/mes+19€ de matrícula Socios da Anpa: 29€/mes  +matrícula gratis

Xadrez

(Club Xadrez As Burgas)

De 1º a  6º

Mércores

Das 15h30 ás 16h30

 

15€/mes

Mínimo de participantes 10

Teatro

1º, 2º e 3º

Luns

Biblioteca-Sala de usos múltiples

Das 15h30 ás 16h30

 

11€/mes

Socios da Anpa 10€/mes

 

 

ACTIVIDADES DO CONCELLO DE ALLARIZ QUE ENLAZAN CO RECREO DO COMEDOR ÁS 15h30

Pintura

De 1º a 6º

Luns ou mércores

Das 15h30 ás 17h00

16€/mes

                              

 



 
 
 
 

Redistribución do alumnado de 1º, 3º e 5º


A distribución do alumnado nas aulas corresponde principalmente a un criterio alfabético aplicado no momento da súa escolarización en tres anos. O paso dos cursos, onde se vai coñecendo moito mellor aos nenos e nenas, sumado a interacción entre eles, proporciona unha experiencia que ven a mostrar que ese reparto debe ser  optimizado para un mellor  aproveitamento educativo. A proposta de realizar cambios na distribución do alumnado responde a motivos educativos e pedagóxicos que tratan de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe. Trátase en consecuencia de cambiar a distribución do alumnado por clase dentro do mesmo nivel cando pasen de 6º de Infantil a 1º, de 2º a 3º e de 4º a 5º. Esta redistribución do alumnado será realizada polo equipo docente que imparte nos niveis de 6º de Infantil,  2º e 4º Primaria, contando co asesoramento do Departamento de Orientación.

Os obxectivos básicos que se pretenden son os seguintes.-

1.Favorecer a interacción social.- Permitir que o alumnado inicie novas relacións de amistades sen por iso perder as anteriores xa que van a seguir compartindo moitos espazos e actividades en común; patio de recreo, comedor, actividades complementarias e extraescolares, etc. Proporcionar novas oportunidades a aquel alumnado que foi quedando máis illado.
2.Compensar as necesidades do alumnado.- A distribución inicial que se fai do alumnado por orde alfabética cando teñen tres anos non se corresponde en moitos casos cun equilibrio entre os grupos dun mesmo nivel respecto de alumnos con necesidades de reforzo educativo ou de atención á diversidade. Compre polo tanto compensar este alumnado realizando un reparto equilibrado entre os grupos.
3.Evitar rivalidades.- Cando os grupos conviven sen cambios durante largos espazos de tempo a aparición de rivalidades resulta inevitable. 
4.Romper liderazgos.- Outra consecuencia da convivencia durante largos períodos de tempo é a aparición de líderes e/ou grupos dominantes que poden monopolizar a outros nenos e nenas en función dos seus intereses. Os cambios de grupo permiten rachar con estas malas inercias.
5.Preparar para os cambios.- Trátase de ir aprendendo a adaptarnos aos cambios que a vida nos vai a ir presentando.

Enlaces para coñecer os novos listados:

 
 
 

Coñece os blogs do noso colexio


Agradecemos a túa visita a este espazo na rede que o CEIP PADRE FEIJOO pon a túa disposición. Non obstante este non é o único espazo dispoñible xa que diversas actividades interesantes do centro contan tamén co seu propio blog polo que queremos animarte a que os visites. A continuación tes varios enlaces que te levarán a coñecelos.


A Horta de Auri  Este blog recolle información sobre as actividades do horto escolar.

Soños de Papel  Está adicado este blog ao traballo realizado na Biblioteca.

Fai clic nas tic  Toda a información sobre o traballo no colexio coas Tic móstrase aquí.

O Boi na escola  Recolle actividades realizadas por 6º o curso pasado.

 



 A MIRADA DO OUTRO

"A mirada do outro" é un programa de sensibilización e prevención do acoso escolar que se leva a cabo no colexio para o alumnado de 5º e  6º de Educación Primaria durante os meses de outubro e novembro. O seus obxectivos son sensibilizar ao alumnado das situcións relacionadas coa violencia de xénero, así como entrenar habilidades persoais de autoregulación emocional e competencias de interacción social. Busca tamén adquirir competencias de xestión de conflitos. Para lograr estos obxectivos trabállase cunha metodoloxía participativa e dinámica na que se parte dos intereses do alumnado.




PLAN DE AUTOPROTECCIÓN:  O centro conta con dous plans de autoprotección, un para o colexio de Primaria e outro para o colexio de Infantil. Corresponde en cada inicio de curso poñer en práctica ditos plans co fin de realizar as melloras necesarias para a súa optimización. Así, o durante o mes de  outubro, os alumnos de Infantil simulan unha situación de emerxencia producida por un hipotético incendio incontrolado na cociña. Trátase de medir tempos de saída dos alumnos das aulas ao punto de reunión e avaliar a eficacia das estratexias deseñadas. O obxectivo que se pretende é que os alumnos se habitúen ás pautas que deben seguir no caso dunha emerxencia. Esto vai a permitir contar cuns plans prácticos que chegado o caso podan ser de enorme utilidade.

A evacuación do colexio de Educación Infantil, dadas as características de seguridade coas que conta este moderno centro (os alumnos empregan rampas en lugar de escaleiras), fan que a totalidade dos alumnos e alumnas de Infantil (155) evacúen o edificio  tal e como estaba planificado e superando  o tempo estimado para unha evacuación destas características.
 




O noso horto escolar


Coa axuda do taller de emprego da Reserva da Biosfera e dentro do proxecto educativo "Integración da conservación do medio ambiente no ensino",  levado a cabo por este colexio durante os  tres últimos cursos escolares, tivo lugar a construción dun horto escolar que conta ademais cun invernadoiro.







 



EXPOSICIÓN  FOTOGRÁFICA

 AS PEGADAS DOS NOSOS MAIORES



Está exposta no colexio unha interesante exposición fotográfica que recolle instantáneas da vida cotiá dos nosos maiores. Esta exposición foi posible grazas as achegas das familias dos alumnos e alumnas e son testemuña dun pasado que tamén debemos coñecer e conservar na memoria xa que sempre estaremos en débeda cos esforzos levados a cabo polas xeracións anteriores.

 












 Visita do creador do MÉTODO ABN


O Método ABN supuxo unha innovación sen precedentes no ensino das matemáticas, un eido tradicionalmente relegado a aprendizaxe memorística e mecánica. Busca que o alumando sexa quen de resolver os problemas cunha maior autonomía e liberdade. O seu creador foi o doutor en Ciencias da Educación Jaime Martínez Montero que acudiu ao noso colexio para comprobar de primeira man como o equipo docente de Infantil, tras formarse na metodoloxía do cálculo ABN, está no proceso de ilo implantando progresivamente. Sinalar que o creador do método seleccionou o noso colexio xunto a outros dous da provincia.






DE TEATRO ESCOLAR


AS TICS NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Ademais do importante incremento na oferta de actividades extraescolares para este curso tales como a incorporación de xadrez, ioga ou patinaxe, para o ano escolar  hai dúas interesantes actividades relacionadas coas tic:




Escritura dixital: Os alumnos aprenden o uso correcto do teclado escribindo con rapidez, axilidade e sen erros. Permite que podan ler e escribir ao mesmo tempo. O dominio correcto do teclado presenta numerosas vantaxes en moitas profesións. O alumno recibe coa matrícula un teclado específico e material que permite, ademais, continuar as prácticas na súa casa con exercicios on line.



Informática multimedia e robótica:  Programación con Scratch (comprender a lóxica da programación coa creación de videoxogos propios), Programación AppInventor, Programación LiveCode e deseño Alice. Deseño gráfico (tratamento da imaxe e maquetación) e Robótica (programación de circuítos mediante os kit de arduino e similares, e a súa aplicación na robótica e control de dispositivos).









A RADIO ESCOLAR