ACTIVIDADES

         ACTIVIDADES DO CURSO 2023- 2024
 
 

Día do Libro e Biblio-patio

 

Durante a semana do 22 ao 26 de abril celebrouse no colexio o Día do Libro con diferentes actividades entre as que cabe citar a presenza de Estefanía Padullés e a Biblio-Patio. Esta actividade no patio busca sacar aos libros do seu contexto habitual, como pode ser a aula e a biblioteca escolar, para trasladalos a outro espazo de lecer como é o patio escolar.

 



 
 
 

ACTIVIDADE CON ECOPERCUSIÓN

 
 


 



 
 

DANZA COA CASA VELLA DE AMIADOSO


O alumnado de 4º a 6º de Primaria tivo un primeiro contacto co mundo da danza, o 22 de abril, no pavillón de deportes, da man da Casa Vella de Amiadoso. Este espazo trata de establecer un novo compromiso entre a creatividade artística e o medio rural. 
















 
 

TORNEO DE PRIMAVERA DE XADREZ

 

Con motivo do inicio da Primavera, e coa colaboración do Club de Xadrez As Burgas, responsable desta actividade extraescolar no noso centro,  celebrouse o 20 de marzo o torneo de xadrez na biblioteca. Torneo no que participou alumnado do colexio que obtivo importantes premios nas categorias sub 8, sub 10 e sub 12






 

 

 
 
 
 

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS

 
 

Coa colaboración  do SERGAS e o Centro de Saúde de Allariz o alumnado de 3º e 4º de Primaria tivo, durante o mes de marzo, un obradoiro de primeiros auxilios que lles permitiu adquirir nocións básicas para saber actuar ante pequenos problemas como feridas, queimaduras, etc. E incluso ante situacións máis complicadas. Esta actividade foi impartida por profesionais da enfermaría seguindo as recomendacións da OMS na campaña “Kids Save Lifes”. 

 




 

 
 
 
 
 
 

 
Celebrouse o martes, 19 de marzo, a V Competición de Multixogos Cooperativos para  o alumnado de 1º e 2º de Primaria. Esta actividade forma parte do Deporte Escolar. Os colexios participantes foron "Ben-Cho-Shey" do Pereiro de Aguiar, o CEIP de Baños de Molgas, o CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, o colexio de Castro Caldelas e o colexio de Maceda. Este curso foi organizado no noso colexio. A proposta non é competitiva senón de interrelación entre o alumnado dos centros participantes.
 




 
 
8 de Marzo - Día da Muller
 



 
Con motivo da celebración do 8 de marzo como Día da Muller, o alumnado do colexio realizou eses días diferentes actividades que tratan de concienciar sobre a importancia da presenza da muller na sociedade. Estas actividades teñen tamén como obxectivo buscar a erradicación de todo tipo de desigualdades e estereotipos. Así, foron decoradas as aulas con murais alusivos á conmemoración. Destacar a obra de teatro realizada polo alumnado de 6º de Primaria na que se fixo unha daptación en clave feminina do conto de Cincenta. 
 
 
 
 
 




 














 


 
O martes, 30 de xaneiro, o alumnado de Infantil e Primaria celebraron no pavillón de deportes, ás 12h00, o Día da Paz nun fermoso acto aberto ás familias.
 






 
  
 
 
A curtametraxe “Sígueme" realizada polo alumnado que cursaba 3º de Primaria no curso 2022-2023 tivo un importante recoñecemento no Culturgal 2023. Trátase dunha curtametraxe de animación levada a cabo coa técnica do “stop motion” dentro do programa Nós Tamén Creamos. Esta curta foi presentada a varios festivais de cine quedando finalista no Olloboi e OUFF para ser finalmente gañadora no Festival das Culturas Galegas (Culturgal) celebrado en Ponteverda o día 3 de novembro. Evento ao que asistiu todo o alumnado que actualmente cursa 4º de Primaria. O premio foi entregado polo secretario xeral de Política Lingüística.
 

 
 
 


O colexio realizou durante os meses de novembro e decembro o casting do V Concurso "Ti si que vales". Este festival está organizado polas áreas de Música e Educación Física. O profesorado realiza actividades ao longo do curso encamiñadas a mellorar a convivencia no centro entre os alumnos e as alumnas razón pola que este concurso forma parte dunha desas iniciativas.

Coa actividade “Tí si que vales” trátase de facer comprender ao alumnado que todos son moi valiosos e que teñen unhas boas cualidades. Unha sana autoestima está na base dunha boa asertividade esixindo que se valore a nosa persoa, á vez que valoramos aos demais. Esta iniciativa articúlase arredor de varios eixes transversais que gardan relación coa prevención de todo tipo de acoso e violencia escolar. 





















 


A VISITA DO APALPADOR







 

25n día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

 

O colexio celebrou con diferentes propostas e actividades o 25N “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”. Esta celebración ten como obxectivo principal educar ao noso alumnado para un mundo máis tolerante e libre de violencias machistas.

Este centro educativo ten un compromiso moi importante coa promoción da igualdade entre homes e mulleres. En consecuencia leva a cabo diferentes actividades e estratexias de sensibilización dirixidas ao alumnado que buscan previr condutas e actitudes que nun futuro podan estar relacionadas coa violencia de xénero. Entre estas actividades destacar a canción “Ja sei namorar” que o alumnado de 6º de primaria adicou ao alumnado de Infantil e Primaria.

Non conforme con este labor de prevención, o colexio tamén ten un importante papel de intervención inmediata cando sexa coñecedor de situacións nas que as nais e os seus fillos e fillas estean nunha situación de alto risco. 

 





 

 



O Magosto de Infantil






O Magosto de Primaria



















 

O DEPORTE ESCOLAR

Os alumnos e alumnas do colexio participaron, o día 17 de novembro de 2023, nas probas de cros celebradas nas pistas de Monterrei. Os resultados obtidos cos equipos clasificados para a proba provincial, así como os premios obtidos a nivel individual foron moi satisfactorios. Non obstante, este día será tamén lembrado como unha gran xornada de convivencia con outros rapaces e rapazas dos colexios da zona.

 








 

 
 
 




























     ACTIVIDADES DO CURSO 2022- 2023
 
 
 

Colaboración coa Federación Galega de Hókey

Co fin de ter un mellor coñecemento da actividade de hocekei, durante  a semana do 8 ao 12 de maio, o alumnado de 1º a 5º de Primaria contou na área de Educación Física coa presenza de monitores da Federación Galega de Hockei.

 


 

 

Carreira Solidaria co IES de Allariz


Por iniciativa do IES de Allariz e coa participación do alumnado de 6º de Primaria do noso colexio e do colexio de Xunqueira, tivo lugar, o día 26 de abril, unha carreira solidaria na que o alumnado participante debía previamente buscar un patrocinador ou patrocinadores que aportaría 1€ por cada volta que fora capaz de dar ao circuito establecido polo casco vello de Allariz. O diñeiro recadado tiña como fin a Fundación Andrea. Esta actividade busca tamén favorecer a integración do alumnado de 6º na súa próxima etapa educativa no IES.





Torneo de Volei intercentros


O día 20 de abril tivo lugar, no pavillón de deportes, un encontro entre centros educativos co fin de celebrar un torneo de volei. Non se trata dunha actividade competitiva xa que a súa finalidade última é favorecer a convivencia, á vez que o alumnado se divirte. Os centros participantes foron o colexio Miraflores e os colexios públicos de Xunqueira, Baños de Molgas e Castro Caldelas. Moitas grazas a todos por participar.







ACTIVIDADE NA RESERVA DA BIOSFERA – ÁREA DE ALLARIZ PARA 4º


O alumnado de 4º participou nunha interesante actividade que tivo como obxectivo coñecer de primeira man a Reserva da Biosfera na Área de Allariz.  Esta actividade desenvolveuse en dous días de tal modo que o 17 de abril tivo lugar un obradoiro na Acearrica e o día 18 unha saída con visitas ao Museo da Limia, Carballa da Rocha, humidais da Limia, areeiras, etc. O obxectivo principal é acercar ao alumnado á flora e fauna da reserva, asi como aprender a respectar o medio ambiente.














Celebrouse o martes, 21 de marzo, a
IV Competición de Multixogos Cooperativos para o alumnado de 1º e 2º de Primaria. Esta actividade forma parte do Deporte Escolar. Debido á pademia non se  celebrou estes cursos pasados. Esta actividade vai rotando por varios colexios e  ten un obxectivo importante de convivencia entre o alumnado de diferentes centros educativos. Os colexios participantes foron "Ben-Cho-Shey" do Pereiro de Aguiar, o CEIP de Baños de Molgas, o CEIP de Maceda e o Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, xuntamente co noso centro. Este curso foi organizado no "Ben-Cho-Shey" do Pereiro de Aguiar xa que a idea non é competitiva senón de interrelación entre os centros participantes.









Conta-contos en infantil e Primaria


O 13 de marzo estivo co alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria o conta-contos e ilustrador Benxamín Míguez Nóvoa. Nas súas narracións suceden feitos fantásticos nos que un osiño asusta a un monstro ou se contan as incribles historias que lle aconteceron a un neno presumido. Todas estas historias fixeron desenvolver a imaxinación das nosas nenas e nenos. Unha actividade esta na que se valora especialmente a construción que o alumnado debe facer co seu pensamento dos feitos que se lle están a contar. Narracións que veñen a potenciar a súa creatividade,  o seu vocabulario, etc. Algo ben diferente á actitude totalmente pasiva diante das pantallas nas que tanto tempo de lecer ocupa hoxe a cativada.







8 DE MARZO – DÍA DA MULLER



Con motivo da celebración do 8 de marzo como Día da Muller, o alumnado do colexio realizou  diferentes actividades que tratan de concienciar sobre a importancia da presenza da muller na sociedade. Estas actividades teñen tamén como obxectivo buscar a erradicación de todo tipo de desigualdades e estereotipos. Así, foron decoradas as aulas e os corredores con murais alusivos á conmemoración. Destacar a obra de teatro realizada polo alumnado de 5º de Primaria na que se fixo unha adaptación en clave feminina do conto de Cincenta. 









O día 17 de febreiro celebrouse no pavillón de deportes o Entroido do colexio. Este ano estivo adicado aos debuxos animados. Foi unha celebración moi especial dado que esta actividade sempre estivo aberta á participación das familias que debido á pademia non foi posible realizar estando todos xuntos estes dous últimos anos. Así que foi un día de ledicia polo Entroido e polo reencontro.















                   TORNEO DE XADREZ



Con motivo do Entroido e coa colaboración do Club de Xadrez As Burgas, responsable desta actividade extraescolar no noso centro,  celebrouse o mércores, 15 de febreiro,  na biblioteca, un torneo no que participou alumnado do colexio que obtivo importantes premios nas categorias sub 8, sub 10 e sub 12. Noraboa a todos por participar. 










DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


Foi en 2015 cando se deu un importante paso no recoñecemento do papel que xogan as mulleres e as nenas na ciencia a e tecnoloxía mediante o establecemento, por parte da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, do día 11 de febreiro como Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia. Por este motivo, desde as sesións de apoio para 6º de Infantil fíxose unha proposta de colaboración ás familias co obxectivo de levar a cabo experimentos no espazo do recuncho da luz. Mediante un vídeo creado con imaxes das nenas de ciencia na escola realizouse unha invitación a reflexionar sobre a importancia da vocación e da visibilidade de referentes femininos. 

Como resposta foron 20 mulleres en 16 sesións as que acudiron a realizar ciencia diante do grupo de clase das súas fillas e fillos, netas e netos, sobriñas e sobriños, afilladas e afillados. Outras 4 mulleres de ciencia quedaron sen participar por incompatibilidades laborais. Entre todas esas mulleres de ciencia había físicas, químicas, etc. Como agradecemento outorgáronse chapas elaboradas coa máquina dos polos creativos.













Os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria celebraron o Día da Paz cun fermoso acto, o día 30 de xaneiro de 2023,  no pavillón dos deportes. Debido á pandemia, esta actividade fora realizada por última vez en xaneiro de 2020. O acto consistiu nunha homenaxe á Paz realizada por todo o alumnado acompañado das familias que deste modo se volveron a reencontrar co colexio. Esta actividade estivo aberta a todas as persoas que quixeran asistir e contou coa presenza dos maiores do Centro de Día. 
















Os alumnos e alumnas do colexio participaron, o día 24 de xaneiro de 2023, nas probas de atletismo celebradas nas pistas de Monterrei. Os resultados obtidos cos equipos clasificados para a proba provincial, así como os premios obtidos a nivel individual foron moi satisfactorios. Non obstante, este día será tamén lembrado como unha gran xornada de convivencia con outros rapaces e rapazas dos colexios da zona.










 

COLABORACIÓN SOLIDARIA DE NADAL

O colexio, en cooperación con Protección Civil, recolleu alimentos (perecedoiros ou non) e produtos propios do Nadal na entrada dos patios de Infantil e Prima o xoves 22. Moitas grazas a todas as familias que colaboraron nesta nobre causa.

 


 

 




O colexio realizou durante os meses de novembro e decembro o casting do IV Concurso "Ti si que vales". Este festival está organizado polas áreas de Música e Educación Física. O profesorado realiza actividades ao longo do curso encamiñadas a mellorar a convivencia no centro entre os alumnos e as alumnas razón pola que este concurso forma parte dunha desas iniciativas. Debido á pandemia esta actividade celebrouse por última vez no curso 2018-2019 polo que este ano tivo unha celebración especial ao poder ser retomada con normalidade.

Coa actividade “Tí si que vales” trátase de facer comprender ao alumnado que todos son moi valiosos e que teñen unhas boas cualidades. Unha sana autoestima está na base dunha boa asertividade esixindo que se valore a nosa persoa, á vez que valoramos aos demais.


































A VISITA DO APALPADOR





Por iniciativa da Anpa, o mércores, 21 de decembro, chegou un ano máis ao colexio o Apalpador dende as montañas do Courel para agasallar aos nenos e nenas. Este ano trouxo castañas e un marcapáxinas de regalo. Á súa vez foi agasallado con debuxos, cartas e cancións.










OS MAIORES EN INFANTIL



Son diversas as actividades que o colexio leva a cabo en colaboración co Centro de Día de Allariz. Estas actividades buscan afondar na convivencia entre os nenos e os maiores. Nesta ocasión participaron en diferentes actividades que realizaron cos cativos de Educación Infantil. Esta actividade de convivencia tivo lugar na mañá do día 15 de decembro.














25N día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

 

O colexio celebrou con diferentes propostas e actividades o 25N “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”. Esta celebración ten como obxectivo principal educar ao noso alumnado para un mundo máis tolerante e libre de violencias machistas.

Este centro educativo ten un compromiso moi importante coa promoción da igualdade entre homes e mulleres. En consecuencia leva a cabo diferentes actividades e estratexias de sensibilización dirixidas ao alumnado que buscan previr condutas e actitudes que nun futuro podan estar relacionadas coa violencia de xénero.







TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS   3º  e 4º



Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria en colaboración co SERGAS, tiveron os días 22 e 23 de novembro un taller de primeiros auxilios que lles permitiu coñecer mellor as situacións de emerxencia máis habituais e como actuar. Preséntouse en dous módulos: o primeiro refírese á febre, diarreas, vómitos, golpes, feridas, queimaduras, etc. O segundo permitiu coñecer diferentes situacións de riscos e como alertar aos servizos sanitarios.









                              MAGOSTO EN INFANTIL








                      MAGOSTO EN PRIMARIA



























Samaín con-sumo coidadín


Organizado polo Instituto Galego de Consumo e Competencia tivo lugar no colexio, o mércores 26 de outubro, unha interesante actividade sobre seguridade no Samaín dirixida ao alumnado de Educación Infantil. Esta actividade busca concienciar ao alumnado sobre a seguridade dos disfraces e os posibles riscos e poder ter esta  celebración coa maior seguridade. Como parte desta actividade fixeron un máscara segura do Samaín na que non faltou o etiquetado de 0-3 anos e a indicación CE como xoguete seguro. Tamén se abordaron cuestións importantes como a seguridade coa maquillaxe na que deben ter en conta que pode producir alerxias, así como ver a súa data de caducidade. Nas máscaras deben observar que sempre teñan orificio de ventilación. Finalmente tiveron un xogo de preguntas sobre o Samaín.









Ciberseguridade para 6º de Primaria



Baixo a dirección de Amtega tivo lugar, o día 27 de outubro, na biblioteca do colexio, unha interesante actividade formativa sobre ciberseguridade dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria. O alumnado recibiu formación sobre como construír contrasinais seguras e sobre a precaución que deben ter coas cámaras dos portátiles e móbiles. Tamén incidiron na precaución que deben ter para non ceder os seus datos persoais pola rede, así como fixarse ben para distiguir  a falsidade de moitas novas.

















ACTIVIDADES DO CURSO 2021- 2022



Festa do Boi: Os Monicreques


Un ano máis os alumnos e alumnas deste colexio viaxan no tempo ata a Idade Media. Convértense nos cativos que viviron naquela época para deste xeito dar vida a lenda de Xan de Arzúa. Nesta dramatización, e axudados polos monicreques, representan os diferentes gremios que había en Allariz, tales como os zapateiros, os muiñeiros, os ferreiros, os tablaxeiros, os panadeiros ou os carniceiros. Esta actividade celebrouse o día 15 de xuño.




XII FESTIVAL DE XARDÍNS


Este curso o colexio participou no XII Festival de Xardíns. A temática elixida este ano foi “Xardíns Terapeuticos, deseños que curan”. Como xa se fixera na edición anterior, o deseño dos xardíns saíron das propostas realizadas conxuntamente polo no colexio e o IES de Allariz, razón pola que comparten o mesmo espazo e proxecto. 








Iniciación ao golf para 5º de Primaria


No Real Montealegre Club de Golf, o alumnado de 5º de Primaria tivo programada a participación unha actividade de inciación ao golf, o día 14 de xuño. Esta actividade estivo organizada polo Deporte Escolar (Ourense), dependente da Secretaría xeral para o Deporte. Para a realización da mesma contaron con persoal cualificado. 






Excursión á Manzaneda - 4º Primaria


O día 6 de xuño, o alumnos e alumnas de 4º de Primaria realizaron unha excursión a Manzaneda. Durante a mesma participaron en diferentes actividades.









DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS – 20 DE MAIO


O día 20 de maio foi declarado pola Federación Internacional de Asociacións de Apicultura como o Día Mundial das Abellas. Por este motivo a Asociación Galega de Apicultura desenvolveu ese día, dentro do Festival de Xardíns,  unha interesante actividade divulgativa sobre a importancia das abellas e os polinizadores. Os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria coñeceron a importancia que teñen estes insectos para manter a biodiversidade e tamén participaron en varios obradoiros nos que vestiron o traxe abelleiro, elaboraron candeas de cera, casas de polinizadores e probaron diferentes tipos de meles. 
















2 de maio - Día Internacional contra  o Acoso Escolar







O día 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Bulling e o Acoso Escolar, auspiciado pola UNESCOCon este motivo, as nenas e nenos de 6º de Infantil levaron a cabo unha interesante actividade de concienciación e prevención tan importante nestas idades temperás pois as diferenzas entre as persoas sempre suman e non restan, á vez que fan que o noso mundo sexa moito mellor. Parabéns por esta iniciativa!





BOOK  FACE


Esta interesante e creativa actividade foi realizada dende o Equipo de Biblioteca.














OS MINI MAIOS

Por segundo ano consecutivo foron realizados, coa colaboración das familias, os Mini Maios que tan boa aceptación volveron a ter. Trátase de que cada familia, de forma voluntaria, elabore o seu propio maio seguindo unhas sinxelas instrucións que reciben do colexio. A maiores cada curso elaborou a súas propias coplas que foron cantadas ao carón dos Mini Maios expostos na Alameda durante a mañá do 29 de abril. Dende o colexio agradécese ás familias a súa colaboración polo traballo feito.














TEATRO EN INFANTIL



Na mañá do día 29 de abril, alumnado colaborador  da Biblioteca Escolar representou para as nenas e nenos de Educación Infantil o texto recollido no fermoso libro de Juan carlos Román “Coidado coa charca!”. Trátase dunha interesante inciativa da mestra Sara Fortes que favorece a convivencia entre o alumnado de Primaria e Infantil.

                                      








CIRCUITO PUM TRACK



No Complexo Deportivo de Monterrei, o alumnado de 5º de Primaria tivo programada a participación no circuito pum track para bicicletas BMX, o día 31 de marzo. Esta actividade estivo organizada polo Deporte Escolar (Ourense), dependente da Secretaría xeral para o Deporte. Para a realización da mesma contaron con persoal cualificado. 













O mércores, 16 de marzo, estivo no colexio Atenea García da Compañía Xarope Tulú para presentar o seu espectáculo "Estrafalaria" no que combina a narración oral coa manipulación de obxectos. Nesta representación o alumnado tivo unha participación activa. As personaxes inciden na igualdade de xénero e no importante papel da muller ao longo da historia. A súa obra pon en valor a tolerancia, a solidariedade e a integración. A representación foi para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria.






8 DE MARZO – DÍA DA MULLER


Con motivo da celebración do 8 de marzo como Día da Muller, o alumnado do colexio realiza estes días diferentes actividades que tratan de concienciar sobre a importancia da presenza da muller na sociedade. Estas actividades teñen tamén como obxectivo buscar a erradicación de todo tipo de desigualdades e estereotipos. Así, foron decoradas as portas das aulas, realizados vídeos ou a presenza no colexio do espectáculo que presenta Atenea García co espectáculo "Estrafalaria" no que mistura a narración oral coa manipulación de obxectos e onde os personaxes transmiten ao alumnado como a diversidade é algo enriquecedor. 



















OBRADORIOS EMPRENDE MAKERS










Tiveron lugar varios obradoiros prácticos para o alumnado de 6º de Primaria sobre iniciación á robótica e a Scratch dentro do Proxecto Emprende Makers: De Makers a Emprendedores. Esta actividade busca formar ao alumnado nas tecnoloxías makers e ten como obxectivo principal fomentar o emprendimento innovador. O proxecto Emprende Makers está financiado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e ao 25% pola Deputación. 









ENTROIDO EN INFANTIL








                                                                 ENTROIDO EN PRIMARIA











CONCURSO  PILABOT



O colexio participa este curso na terceira campaña de recollida selectiva de pilas mediante a súa inscrición no Concurso PILABOT. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda desenvolvida en colaboración con Ecopilas, ERP e ECOLEC e mediante a cal busca sensibilizar ao alumnado sobre a importancia que ten a recollida destes residuos. O concurso comezou o 13 de xaneiro de 2022 e rematará o 31 de marzo de 2022. Todos os centros participantes contamos con seis semanas lectivas nas que se tratará de acumular a maior cantidade posible de pilas. A maiores o colexio contará cun taller didáctico.



 



A VISITA DO APALPADOR


Por iniciativa da Anpa, o martes, 21 de decembro, chegou un ano máis ao colexio o Apalpador dende as montañas do Courel para agasallar aos nenos e nenas. Este ano trouxo a caixiñas máxicas que deben ser colocadas, xunto coa carta, ao carón da árbore de Nadal para que se cumpran todos os desexos.














RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGUETES


Por iniciativa da Anpa organizouse unha recollida de xoguetes en colaboración coa asociación Solidaridad Motera de Ourense. Os xoguetes recollidos terán como destino as casas de acollida de Ourense. Esta actividade tivo lugar o venres 17 de decembro. A participación das familias foi moi satisfactoria.










25-N     DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA EN CONTRA DAS MULLERES



O colexio celebrou con diferentes propostas e actividades o 25N “Día Internacional para a eliminación da violencia en contra das mulleres”. Esta celebración ten como obxectivo principal educar ao noso alumnado para un mundo máis tolerante e libre de violencias machistas.

Este centro educativo ten un compromiso moi importante coa promoción da igualdade entre homes e mulleres. En consecuencia leva a cabo diferentes actividades e estratexias de sensibilización dirixidas ao alumnado que buscan previr condutas e actitudes que nun futuro podan estar relacionadas coa violencia de xénero.

Non conforme con este labor de prevención, o colexio tamén ten un importante papel de intervención inmediata cando sexa coñecedor de situacións nas que as nais e os seus fillos e fillas estean nunha situación de alto risco. 























MAGOSTO  EN  INFANTIL












MAGOSTO  EN  PRIMARIA









































































ACTIVIDADES DE CURSOS ANTERIORES



                                         
CURSO 2020-2021

 

A FESTA DO BOI NO COLEXIO 2021











OS MAIOS 





A situación orixinada pola pandemia veu a afectar directamente a esta actividade dado que se viña representando no campo da Barreira para as familias do alumnado, así como para os veciños e veciñas de Allariz. Trátase dunha actividade singular que non todos os centros educativos realizan polo que resulta importante que non se perda. Dadas as especiais condicións nas que nos atopamos, e co fin de que esta tradición se manteña, optouse pola proposta de que cada neno e cada nena fixera voluntariamente na casa un mini-maio que non ocupase na súa base máis do tamaño dun folio. Hai que valorar moi positivamente a resposta das familias xa que se recolleron maios cunha grande inventiva.







OBRADORIO DE ESCRITURA MEDIEVAL 

O alumnado de 3º de Educación Primaria, así como o de 5º e 6º de Educación Infantil, tivo a oportunidade de familiarizarse coa escritura medieval por medio dun motivante obradoiro impartido por Begoña de Xeitura, os días 27 e 28 de abril. Durante o mesmo aprenderon como foron os comezos da escritura empregando a pluma e a tinta. Unha vez rematado completárono co seu escudo familiar. Sen dúbida foi unha actividade moi interesante e á vez divertida.








MARZO - DÍA DA MULLER 

Con motivo da celebración o 8 de marzo como Día da Muller serán realizadas no colexio diferentes actividades entre o alumnado. Trátase de concienciar aos alumnos e alumnas sobre a importancia da súa presenza na sociedade e como contribución tamén a erradicación de todo tipo de desigualdades e estereotipos. 








Con motivo da celebración do Día Internacional do Cancro Infantil, o 15 de febreiro, ANPA e colexio desenvolveron conxuntamente unha interesante iniciativa que permitou achegar ao noso alumnado a realidade que día a día viven outros nenos e nenas das súas idades. Esta inciativa consistiu na realización de cartas e debuxos que por medio da Fundación Juegoterapia serán achegadas aos diferentes hospitais nos que se encontran ingresados. Esta fundación ten como obxectivo  principal facer todo o posible para que estos nenos e nenas teñan unha boa estancia. Sinalar de forma especial o grande interese mostrado polo noso alumnado para que lles chegue todo o seu cariño. Tamén compre destacar e agradecer a colaboración das familias.









ESTUDANDO O RELEVO EN 3º PRIMARIA

Este mes de febreiro o alumnado de 3º de Educación Primaria estivo estudando as características do relevo. Para acadar unha mellor comprensión, as nenas e nenos crearon unha maqueta con cada aspecto da paisaxe, tanto do interior como da costa. Aquí tedes as maquetas que fixeron con moito coidado co fin de que foran o máis realistas posibles.

































O colexio participa dende o curso 2018 no Programa Voz Natura.

Voz Natura é o programa de educación medioambiental de La Voz de Galicia desenrolado  pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre desde o curso 1997/1998. O seu obxectivo é concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.

Desde entón levamos a cabo diferentes actividades: Creación dun horto escolar, coidado de galiñas, charlas, murais, etc. A maioría delas publicitadas no blog   A HORTA DE AURI 

Ademais, este ano pedimos a vosa participación voluntaria no uso activo de dito blog. Podedes mandarnos fotografías de actividades que realicedes cos vosos fillos, saídas ó campo, recollida de basura, recomendacións de libros, artigos, obras de arte realizadas con elementos da natureza xa que non só se coida o medioambiente na escola, tamén fóra.

Para facernos chegar as vosas propostas, deixámosvos a seguinte dirección voznaturaallariz@outlook.es



Magosto de 6º de Primaria

Como consecuencia da actual pandemia o colexio non pudo celebrar o tradicional magosto con todo o alumnado de Primaria no campo de Torneiros, ao igual que acontecía nos cursos pasados. Non obstante, dado que para o alumnado de 6º este era o seu último ano no colexio e non volverán ter xa outra oportunidade, foi necesario buscar a forma de que tiveran a ocasión de poder celebralo. Consideramos que o resto do alumando dos outros cursos terán a opción de retomar esta actividade no próximo ano escolar. Finalmente o magosto foi celebrado no campo de Torneiros, o venres 20 de novembro. Para esta actividade respetouse a formación dos grupos de convivencia estable de cada clase polo que se desprazaron ao monte nun autobús por aula. A súa vez tiveron no campo de Torneiros os seus espazos nos que poder ter un lume, xogar e xantar. Sempre co uso obrigartorio da máscara que só foi retirada para atender á comida e a bebida. Esta actividade foi totalmente gratuíta.

 






 

Semana da muller na ciencia

 

Esta actividade levouse a cabo por iniciativa da ANPA. Estivo orientada tanto ao alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil como para todo o alumnado de Educación Primaria. Esta actividade busca promocionar a igualdade entre homes e mulleres con especial atención ao rexeitamento da violencia contra a muller. Coa celebración da Semana da muller na ciencia trátase de que o alumnado descubra o papel da muller na ciencia e na sociedade en xeral. 

 
 




Na Educación Infantil o alumnado por medio de xogos relacionados coas constelacións fixo unha introdución lúdica ao coñecemento da vida da cosmonauta Valentina Tereshkova. Deste xeito o alumnado máis cativo tivo un primeiro achegamento ao papel da muller no desenvolvemento da ciencia.

 





 

O alumnado de 1º a 6º de Primaria tivo diferentes actividades coas que achegarse ao papel da muller na ciencia. Así, o alumnado de 1º e 2º de Primaria coñeceu a importancia da hixiene na nosa saúde por medio da historia de María Tifoidea. Os cursos de 3º e 4º de Primaria tiveron a actividade "A ciencia ten xénero?" por medio da cal se tratou de rachar o prexuízo de que as tarefas a desenvolver entre homes e mulleres son diferenetes dado que estas últimas só atenden ós labores domésticos. 

Finalmente os cursos de 5º e 6º de Primaria xogaron ao "Trivial con-ciencia". Este xogo busca que o alumnado coñeza a ciencia por medio do traballo das mulleres e non só dos homes.

 

A muller na arte: xogando a pequenas grandes artistas


Esta actividade lévouse a cabo por inciativa da ANPA e está dirixida ó alumnado de primaria. A súa realización será durante 2 semanas consecutivas do mes de outubro, realizando 3 sesións ó día, ocupando un total de 5 días. Os talleres están sendo impartidos no patio cuberto por ser o espazo máis apropiado. Nesta actividade o alumnado coñece ás Grandes Artistas e as técnicas que utilizaban dende unha perspectiva de xogo libre pero organizado, no que o alumnado non se ve obrigado a conseguir un reto se non que tan solo ten que deixarse levar pola experiencia e os seus sentidos. A continuación preséntanse as artistas que se abordarán para o estudio das súas técnicas. Inclúese unha breve introdución teórica do contexto histórico e algunha característica da súa personalidade en función da curiosidade do alumnado.

*      Remedios Varo, foi unha escritora e pintora surrealista española que mesturaba o científico, o místico, o esotérico e o máxico.

*      Georgia O ̈Keeffe, foi unha pintora modernista estadounidense.

*      Maruja Mallo, foi unha pintora galega surrealista que foi integrante da xeración do 27.

*  Menchu Lamas, é unha pintora galega (Vigo 7 de Xullo de 1945), que camiña entre a figuración e abstracción.









ACTIVIDADE: 

HEROES CONTRA O  CORONAVIRUS



Na actual situación de pandemia que atravesamos resulta fundamental axudar ao noso alumando a tomar conciencia sobre a mesma. Esta actividad é promovida dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras en colaboración co grupo de educación para a sáude “Pupas, Sustos e Outros Desgustos”. Este grupo xa é coñecido no noso colexio pois en cursos pasados realizaron interesantes e prácticos obradoiros de primeiros auxilios co alumnado de 4º de Primaria. Nesta ocasión levan a cabo o programa “Heroes contra o coronavirus” que busca concienciar da importancia da educación sanitaria. Trátase dunha actividade de formación concéntrica que se estende polo colexio a partires dun grupo de alumnos e alumnas que son os que recibirán directamente a primeira formación específica, durante a mañá do día 1 de outubro. En consecuencia hai un obradoiro diferente para cada nivel educativo de Educación Infantil e Educación Primaria.

Na Educación Infantil desenvólvese un obradoiro nunha das aulas. No noso caso será na aula de 6º de Infantil B, onde a súa mestra xa forma parte do Equipo Covid do colexio. Realizado este obradoiro queda material de apoio ao profesorado que a súa vez permitirá a formación do resto do alumnado.

Na Educación Primaria realízase unha selección previa de 2 alumnos/as por aula que formarán o “Comité de Expertos: Herores contra o coronavirus” do colexio. Unha vez recibida a formación poderán impartir os talleres aos seus compañeiros. Obxectivo importante será estimular ao alumnado no cumprimento das normas de prevención fronte a Covid 19.

 
 

ACTIVIDADES DOS CURSOS PASADOS

 
 
                                         OS MAIOS











Canto das Coplas











ACTIVIDADES  DO  MEDIO AMBIENTE






Os alumnos abonado e renovando as plantas de interior

 
Apertura dos composteiros



Recibindo asesoramento de ADEGA



Analizando e clasificando os insectos descompoñedores



Misturando o compost coa terra vexetal e plantando as plantas










TORNEOS  DE  BÁDMINTON



 







 COMPETICIÓNS  DE MULTIXOGOS COLABORATIVOS
















THE TRAFFIC SNAKE GAME  









O ENTROIDO  












A Bela e a Besta







                                                                              Mamma Mia!!


 


  

                                                                               Grease




Pesadelo antes do Nadal






                                                      


                                                                     O Mago de Oz




  Mary Poppins







                                                           Cantando baixo a choiva




24 de febreiro, día de ROSALÍA




Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos lembrar o nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 1837. A gran Rosalía sabía que na creación literaria a idea é sempre superior á palabra. PALABRAS, PALABRAS, PALABRAS...!!





Mostramos agora como viron a Rosalía os nenos e nenos do noso colexio:






Clica no seguinte enlace para escoitar como os nosos alumnos recitan a Rosalía.


AUDIO DOS ALUMNOS SOBRE ROSALÍA







 







O  DÍA  DA  PAZ






















O  NADAL  NO  NOSO  COLEXIO





A  VISITA  DO  APALPADOR



















A  VISITA  DO  PAXE  REAL





O Paxe Real escoitou todos os desexos dos nenos e nenas



Recibindo golosiñas da man do Paxe Real



Non quedou ningunha carta sen recoller


Os nenos e nenas escoitan atentamente a mensaxe que lles envían os Reis Magos



Os nenos e nenas mostran as súas cartas ao Paxe Real








CONCURSOS      TI  SI  QUE  VALES








A dinámica é similar ao do coñecido programa da TV pero sempre motivando e animando aos alumnos e alumnas á participar e a superarse. Hai diferentes modalidades: maxia, chistes, canto, baile, acrobacias, patinaxe, instrumentos musicais, teatro, etc.




Facendo maxia potaxia



Agora tocan os bailes máis modernos















Helena e Lara fixeron gozar aos alumnos co seu guiñol








Todos os participantes recibiron o seu diploma






  OS  XOGOS  OLÍMPICOS  DE  ALLARIZ  




 Por quinto ano consecutivo foi concedida polo Comité Olímpico Internacional unha autorización especial para poder celebrar unha edición dos Xogos Olímpicos no noso colexio. Para tan importante ocasión foron admitidos todos os alumnos de Educación Primaria que cursan a área de Educación Física.  O premio outorgado a cada participante foi a satisfacción da propia superación persoal.



TÁBOA COS RESULTADOS OFICIAIS






  OS  MAGOSTOS  


O Magosto de Infantil










O Magosto de Primaria




Unha das primeiras tarefas que fan os alumnos ao chegar ao monte e facer a súa propia cabana















  O  SAMAÍN  














































Festa do Boi - "Os Monicreques":  Un ano máis os alumnos e alumnas deste colexio  viaxan no tempo ata a Idade Media. Convértense nos cativos que viviron naquela época para deste xeito dar vida a lenda de Xan de Arzúa. Nesta dramatización, e axudados polos monicreques, representan os diferentes gremios que había en Allariz, tales como os zapateiros, os muiñeiros, os ferreiros, os tablaxeiros, os panadeiros ou os carniceiros.

















DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS















PARTICIPACIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS














 





PLAN DE AUTOPROTECCIÓN:  foron elaborados dous plans de autoprotección, un para o colexio de Primaria e outro para o colexio de Infantil. Durante o mes de marzo o persoal docente recibiu a correspondente formación e no mes de abril foi posto ao día en técnicas de Primeiros Auxilios pola Cruz Vermella.

Corresponde agora poñer en práctica ditos plans co fin de realizar as melloras necesarias para a súa optimización. Nesta ocasión imos simular unha situación de emerxencia producida por un hipotético incendio incontrolado na cociña. Trátase de medir tempos de saída dos alumnos das aulas ao punto de reunión, de chegada de bombeiros, protección civil, etc, e avaliar a eficacia das estratexias deseñadas. Esto vai a permitir contar cuns plans prácticos que chegado o caso podan ser de enorme utilidade.


En consecuencia co anteriormente exposto vaise realizar un simulacro de evacuación en cada colexio que vai a movilizar ao 112, Policía Local, Protección Civil, Bombeiros, etc. Actuación da que deben estar informadas as familias para evitar crear unha situación de alarma innecesaria.

Os simulacros de evacuación, unha vez avaliados, serán posteriormente realizados todos os cursos durante o primeiro trimestre co fin de que os alumnos se habitúen ás pautas que deben seguir no caso dunha emerxencia.















ECOAUDITORÍAS DO COLEXIO


   
Os alumnos poñen os chalecos que os identificarán como "Ecoauditores"


Os "ecoauditores" preguntan aos alumnos como coidan o medio ambiente desde a súa clase


Os "ecoauditores" revisan a fondo si se recicla axeitadamente, á vez que elaboran os informes



Os "ecoauditores" recollen todo tipo de datos que lles permitan diagnosticar a calidade ambiental do colexio.








Actividades coa Asociación Española de Jardinería Ecológica  





 



O PADRE FEIJOO


Exposición sobre o Padre Feijoo (1676-1764): Celebrouse o 250 aniversario do pasamento do Padre Feijoo. Aínda que naceu no concello de Pereiro de Aguiar pasou a súa infancia en Allariz, en concreto no lugar de O Mato. Entre as súas preocupacións estaba facer medrar o nivel cultural do país, tarefa nada doada aos inicios do século XVIII. Con tal propósito fixo unha incansable difusión do pensamento científico, á vez que se ocupou dos máis diversos temas: historia, medicina, astronomía, matemáticas, pedagoxía ou física. Parece xusto que os nosos alumnos deban coñecer mellor tan insigne figura polo que, entre outras actividades realizadas no colexio, se organiza unha visita á exposición que sobre a súa vida e obra se realiza no Museo Arqueolóxico de Ourense. A visita a esta exposición foi realizada por 2º de Primaria o día 12, por 4º de Primaria o día 25 e por 3º de Primaria o día 26.







 
 Real Academia Galega de Ciencias  adicou o 2013 ao Padre Feijoo.-   A Real Academia Galega de Ciencias adica o 2013 ao insigne pensador e ensaísta Benito Jerónimo Feijoo, máis coñecido como PADRE FEIJOO, de quen toma nome este colexio moi acertadamente pois os seus primeiros estudos levounos a cabo nesta vila de Allariz. Por este motivo non podía o centro quedar á marxe desta importante celebración e por esta mesma razón, tanto a Real Academia Galega de Ciencias como a Fundación Barrié, realizaron un obradoiro científico no colexio, o martes 7 de maio de 2013, en dúas sesións, unha para o 2º ciclo de primaria e outra para o 3º ciclo.




BENITO JERÓNIMO FEIJOO

(PADRE  FEIJOO)


CIDADÁN LIBRE DA REPÚBLICA DAS LETRAS

Benito Jerónimo Feijoo (máis coñecido como Padre Feijoo) é un home adiantado ao seu tempo. Considerábase a se mesmo “cidadán libre da república das letras”, e a súa obra transmítenos a imaxe dun home lúcido, que cre no progreso que achega a ciencia e na importancia de fuxir das supersticións.


O Padre Feijoo naceu no pazo de Casdemiro (Pereiro de Aguiar, Ourense) en 1676 e realizou os seus primeiros estudos en Allariz e no colexio beneditino de Santo Estevo de Ribas del Sil. Cando tiña 14 anos renunciou ao morgado que lle correspondía como primoxénito, para ingresar no mosteiro beneditino de San Xulián de Samos (Lugo), ao que segundo os estatutos da Orde pertenceu toda a súa vida.

Tras dous anos de noviciado, foi enviado a estudar Artes ao colexio de San Salvador de Lérez (Pontevedra) e Teoloxía ao de San Vicente de Salamanca. Finalizados os estudos, regresa a Galicia en 1702, onde será pasante e profesor de Artes no colexio de Lérez e posteriormente mestre de Teoloxía no de San Xoán de Poio (Pontevedra), tamén no arcebispado de Santiago. A continuación, foi destinado a Oviedo, cidade á que chegou con 33 anos e na que permaneceu ata o seu pasamento en 1764, exercendo como catedrático de Teoloxía na universidade. Aceptou o nomeamento como membro da Rexia Sociedade de Medicina e demais Ciencias de Sevilla (1727) e o de conselleiro real, que en 1748 lle outorga Fernando VI.









Os alumnos reciben explicacións sobre o Principio de Pascal e mediante unha práctica comprenden o funcionamento da  maquinaria moderna que se fundamenta en dito principio (os elevadores hidráulicos, etc).




Varios alumnos reproducen o experimento levado a cabo por Von Guericke en 1654  e no que se demostraba a enorme forza que pode exercer a atmósfera.