AS TIC



CURSO 2017-2018
 
PIZARRAS DIXITAIS EN TODAS AS AULAS



Si ben o colexio xa hai anos que contaba cun canón de video conectado a internet en cada unha das aulas, progresivamente foi mudando este equipamento por pizarras dixitais. Para este curso 2017-2018 todas as aulas, tanto de Infantil como de Primaria, contan con unha pdi.

 
AS TICS NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
 
 
Para este curso escolar 2017-2018 hai dúas interesantes actividades relacionadas coas tic:

 
 
Escritura dixital: Os alumnos aprenden o uso correcto do teclado escribindo con rapidez, axilidade e sen erros. Permite que podan ler e escribir ao mesmo tempo. O dominio correcto do teclado presenta numerosas vantaxes en moitas profesións. O alumno recibe coa matrícula un teclado específico e material que permite, ademais, continuar as prácticas na súa casa con exercicios on line.


 
Informática multimedia e robótica:  Programación con Scratch (comprender a lóxica da programación coa creación de videoxogos propios), Programación AppInventor, Programación LiveCode e deseño Alice. Deseño gráfico (tratamento da imaxe e maquetación) e Robótica (programación de circuítos mediante os kit de arduino e similares, e a súa aplicación na robótica e control de dispositivos).









Blog das Tic

O colexio dispón dun blog específico para as tics no seguinte enderezo:

http://faiclicnastics.blogspot.com/

O blog consta dunha serie de páxinas onde recoller:

-  Recursos para infantil a enlaces con actividades online para esta  etapa, de maneira que os nenos podan clicar na imaxe e acceder ó xogo.

- Recursos para primaria: con enlaces para Primaria

- Recursos para profes

- Recursos para días sinalados

- Documentos sobre as tics

- Utilidades: informacións sobre o manexo do ordenador....

- Imaxe: para a edición e creación de transacións de imaxes, vídeos...







OBXECTIVOS DAS  TICS

A  nivel de centro :

-      Mellorar a dotación e recursos recibindo por parte da administracións ordenadores portátiles e pizarras dixitais ofrecidos a principio de curso, que serán distribuídos polas aulas. Como conseguinte, levarase a cabo unha formación a todo o profesorado que o desexe, para facilitar o mellor aproveitamento destas dotacións, Dita formación correrá a cargo da coordinadora de tics fóra do horario lectivo.
-      Mellorar o intercambio de información coa comunidade educativa grazas a actualización do blogue da escola.
-      Empregar o correo como medio para notificar ao profesorado actas de órganos de goberno,convocatorias, información salientables....
-      Fomentar nas familias o uso do correo electrónico como un medio rápido para notificar faltas de asistencia, días sen comedor, solicitudes de documentación...
-      Enviar ao punto limpo todo o material informático derramado nos últimos anos que se atopa na sala de informática.
-      Crear o catálogo de recursos educativos, rexistrando todo o material multimedia que se atopa nas instalacións do centro e organizándoo por niveis e ciclos.
-      Incluír nun apartado do blogue da escola enlaces de interese para fomentar o uso das Tics.

De cara ao alumnado:

- Adquirir contidos curriculares dunha maneira máis motivadora a través das Novas Tecnoloxías.  
- Aumentar  a autonomía co autoaprendizaxe que ofrecen as aplicacións informáticas.
- Potenciar a  comprensión da linguaxe iconográfica e visual.
- Acercar ou perfeccionar o manexo do ordenador.
- Respectar as normas e a quenda no uso da computadora.
- Adoptar hábitos saudables e responsables no uso das novas tecnoloxías.

- Educar aos alumnos/as, para que se desenvolvan na sociedade da información e a comunicación, sabendo buscar e recibir información de maneira organizada a través de Internet.
- Empregar os recursos de Internet para elaborar estratexias de identificación e resolución de problemas nos diversos campos de coñecemento.
- Potenciar o uso do ordenador como un medio de aprendizaxe e non soamente de xogo por parte dos alumn@s.

En canto ao profesorado:

-      Valorar as posibilidades das Tics na labor docente, tanto para organizalo traballo de aula, como para empregalas como ferramenta de comunicación e búsqueda de recursos, a través das experiencias que aportan outros centros e docentes na rede.
-      Desenrolar experiencias co uso das tics na súa área ou nivel.
-      Participar na aportación de información salientable para incluír no blogue da escola.
-      Mellorar e potenciar a autonomía, no manexo das ferramentas de xestión  educativa que se ofrecen en Xade e outras aplicacións.
-      Mellorar o aproveitamento das pizarras dixitais coas que se conta no centro.
-      Aproveitar os recursos educativos da rede como son: as  Actividades Lim, Jclic, e notebooks para a pizarras Smartboard axustadas a diferentes niveis e ciclos.



PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA AUMENTAR A COMPETENCIA DIXITAL:

As actividades que a continuación se relacionan deberán ser adaptadas ao nivel e ciclo a traballar co alumnado:

-      Uso dos programas educativos dixitais que se ofertan nas editoriais, coma os de carácter comercial, dos que se dispón no centro.
-      Acceso a xogos educativos na rede.
-      Proxección de contos e relatos animados en Educación Infantil, lingua inglesa...
-      Consulta de Enciclopedias Dixitais.

Utilización de programas de procesador de textos (tipo Word, Open Office Writter) para a elaboración de textos escritos, traballos de documentación, murais, artigos, exercicios de ortografía ... Cabe sinalar que dita actividade resulta moi motivadora de cara a animación á lectoescritura.
 
-      Uso das múltiples ferramentas de Internet: buscadores, navegación, correo web ...
-      Proposta de traballos de documentación: ben para dar resposta a cuestións que se plantexen nun guión dado coma, para crear un documento de redacción propia.
-      Comunicación entre compañeiros de centro nun idioma marcado: inglés, galego... e sobre un tema determinado de estudio, marcando certas normas de comunicación ( coidar a ortografía e linguaxe...)
Emprego das pizarras dixitais para presentación de centros de interese.