ORIENTACIÓN

 
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E ORIENTACIÓN EDUCATIVA 
O proceso de orientación, intervención e asesoramento educativo diríxese a permitir a identificación das necesidades educativas dos alumnos nas diferentes áreas e espacios de desenvolvemento: a escola, a familia e o propio alumno, así como incidir positivamente no seu desenvolvemento persoal, social e cognitivo. Deste xeito, a valoración psicopedagóxica enténdese intimamente relacionada coa propia avaliación académica e educativa, constituíndo unha parte complementaria máis cara unha abordaxe, tamén, de tipo preventivo.
O estudio das necesidades educativas dos alumnos do centro é un dos obxectivos importantes do departamento, especialmente dos que mostran n.e.a.e, sexan estas temporais ou máis permanentes, así como erixirse en punto de partida que, estreitamente ligado ao proceso de ensino e aprendizaxe, sexa a base dun proceso para levar a cabo determinadas medidas de atención á diversidade. Esta tarefa do departamento de orientación será complementario ao realizado polo profesorado, compartindo con eles o axuste das medidas psicopedagóxicas e didácticas ás características e necesidades de cada alumno. Así, os campos de traballo do departamento farán referencia tanto ás características propias do suxeito (desenvolvemento biolóxico, intelectual, motriz, sensorial, perceptivo, nivel de competencia curricular, personalidade…), como ás propias do entorno familiar e escolar no que se desenvolve. As tarefas de orientación educativa terán tamén como referencia os proxectos educativo e curricular do centro, xa que serán quen lle confiran coherencia e sentido práctico e basearanse nun modelo integral de avaliación, intervención e asesoramento psicopedagóxico. Hai que ter en conta que na orientación actúan de pleno dereito os profesionais docentes, sendo aquí onde as titorías desenvolven plenamente as súas funcións e competencias, xa que a labor titorial tamén é de orientación educativa e profesional. Tal e como prescribe a normativa marco no referente á acción titorial, as funcións do titor están enmarcadas dentro da función orientadora, sendo un elemento intrínseco á tarefa docente e do currículo, ao tempo que posibilita a atención personalizada dos alumnos e a activación dos pais/nais como educadores. As intervencións do departamento en materia psicopedagóxica tenta sempre contar coa implicación dos mestres, dos alumnos e das correspondentes familias, debendo ser contempladas como un proceso global que teña como obxectivos non só a corrección de “casos-problema”, senón tamén a prevención de dificultades de carácter educativo. En consecuencia, o proceso orientador enténdese como algo continuo, que empeza coa escolarización do neno e fai un seguimento continuado da súa evolución en Educación Infantil, en Educación Primaria e, no seu momento, facilita a transición á Educación Secundaria aos alumnos deste establecemento escolar.
Tendo isto en conta, mantense a necesidade dunha fluída relación co departamento de orientación do IES ao cal está adscrito este centro e tamén se realizan variadas actividades respecto ao alumnado de nova incorporación e as súas respectivas familias. En especial, o alumnado de E. Inantil (3 anos). Neste último aspecto, a labor de prevención é fundamental. En xeral, as actividades a levar a cabo polo departamento xirarán en torno ás seguintes áreas de actuación: recollida e estudio de información/documentación, orientación escolar e académica, intervención e asesoramento (orientación persoal).
               
·         Recollida e estudio de información e documentación: entrevista cos titores, familias e posibles especialistas externos (equipo específico provincial, traballadores/educadores sociais, atención temperá, saúde mental…), expediente académico, recursos de tipo técnico axeitados á idade do alumnado, clasificación deste material, estudio e valoración do mesmo, así como toma de decisións.
·         Orientación escolar e académica: estará dirixida, especialmente, ao alumnado e ao seu proceso de aprendizaxe, pero tamén pode englobar ao profesorado e ás familias. Para que resulte verdadeiramente efectiva tentarase que cumpra os seguintes requisitos:
 
-          Abarcar a globalidade do alumno e ser continua ao longo de toda a súa escolarización.
-          Proporcionar pautas para a intervención nos diversos graos de diversidade que se presenten.
-          Tratamento global das distintas problemáticas a nivel educativo. Terase en conta que, nestas idades, a maioría das dificultades orixínanse no entorno escolar, na familia, no barrio/pobo ou nas relacións interpersoais máis próximas.
 
·         Orientación persoal: este campo da orientación engloba variados aspectos, tanto a orientación vocacional e profesional (que non se tería tanto en conta nestes niveis educativos) como a escolar e propiamente académica.
En definitiva, o campo de traballo do departamento sitúase contextualizado no ámbito da filosofía educativa e de ensino-aprendizaxe do propio establecemento escolar, tendo en conta que a finalidade máis importante do proceso educativo será aprender a ser e estar, aprender a coñecer, a facer e a vivir en comunidade (saberes, habilidades e actitudes). Isto debería dar como resultado a formación integral da persoa. A estructuración do proxecto de orientación desenvólvese en tres bloques: xustificación, desenvolvemento/actuación e seguimento/avaliación.
 
§  Xustificación: fundaméntase na lexislación vixente e no contexto onde se desenvolve a actividade educativa.
 
§  Desenvolvemento/actuación: prantexamento de obxectivos segundo os sectores onde se vai actuar e planificación xeral de estratexias e accións a levar a cabo para conseguir os fins propostos.
 
§  Seguimento/avaliación: A planificación anual do departamento considérase un documento flexible e aberto que ten a finalidade de servir de guía de actuación e que pode ser relativamente modificado, sempre e cando esas modificacións estean amplamente fundamentadas, sexan acordadas por consenso entre os membros do departamento e se encadren dentro da filosofía educativa do centro, así como da lexislación vixente.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
PROGRAMACIÓN XERAL DAS

UNIDADES DE PT E AL

 A finalidade dos apoios será a reeducación dos/as nenos/as con n.e.a.e. personalizando o proceso de ensinanza-aprendizaxe axustántose ás características do/a neno/a.
Construiremos unha aprendizaje significativa que parta dos coñecementos previos. Unha aprendizaxe mais funcional e globalizada que favoreza a consecución dos obxectivos xerais.
O proceso educativo partirá da interacción, participación e colaboración dos/as titores/as e os pais e as nais.
A metodoloxía partirá das situacións de xogo comunicativo que abrangue tódolos procesos.



1.      OBXECTIVOS XERAIS
1.1.   Definir-la no campo de actuación de unidade
1.1.1.      Identificación das n.e.a.e. que se dan entre os alumnos/as do centro (alumno/a, contexto escolar, familiar)
1.1.2.      Revisión da documentación existente nos expedientes académicos
1.2.   Establece-los distintos niveis de competencia curricular é as necesidades educativas de cada un dos nenos/as así como os niveis de autonomía no traballo que posúen.
1.2.1.      Realiza-las valoracións pedagóxicas iniciais.
1.3.   Definir (en colaboración cos/cas titores/as) os programas de traballo individuais.
1.3.1.      Establece-lo traballo a realizar con cada neno/a
1.3.2.      Proposta, se é o caso, para a realización das A.C.S. e revisión dos feitos para o alumnado que o precise
1.3.3.      Avalia-la adecuación das intervencións

1.4.   Establecer (en colaboración cos/cas titores/as) a organización funcional do traballo cos alumnos.
1.4.1.      Selecciona-las bandas horarias máis adecuadas para cada neno/a en función dos horarios das aulas ordinarias e das posibilidades da aula de apoio
1.4.1.1.O/a alumno/a acudirá a aula de A.L. en apoio logopédico e estratexias de aprendizaxe concretas
1.4.1.2.Terase en conta que os/as nenos/as non sairán da clase ordinaria nas sesións de educación física, plástica, inglés e música na medida do posible
1.4.1.3.Os nenos/as permanecerán co grupo-clase sempre que haxa unha actividade colectiva de carácter especial (saídas, visitas, etc)
1.4.1.4.O horario da unidade de apoio será o suficientemente flexible para adaptarse ás modificacións que van surxindo.

1.5.   Definir aspectos metodolóxicos

1.5.1.      Concreta-los métodos e estratexias de intervención a empregar

1.5.2.      Seleccionar, preparar e confeccionar materiais didácticos individuais e colectivos

1.6.   Colaborar cos titores nas tarefas de:

1.6.1.      Información e orientación ás familias

1.6.2.      Avaliación e decisión sobre promoción

1.6.3.      Coordinarse no traballo co alumnado con n.e.a.e.

1.6.4.      Colaborar para levar a cabo tarefas de reforzo educativo, modificación de conducta, etc
1.7.   Fomenta-lo establecemento dunha línea de cooperación co equipo de orientación que faga máis eficaz e rápido o proceso de valoración e información/orientación ó titor correspondente.
1.8.   Avalia-la adecuación dás intervencións.



2.      OBXECTIVOS XERAIS E ESPECÍFICOS DE TRABALLO.

2.1.   Pretendemos en base a todo o anterior e encamiñado os alumnos que con n.e.a.e. se integran neste centro:

2.1.1.      Promover e favorecer o seu desenrolo persoal, linguístico e social
2.1.2.      Potenciar as aprendizaxes básicas e renunciables en relación á comunicación:

2.1.2.1.Aprendizaxe e dominio da lectoescritura

2.1.2.2.Adquirir unha actitude cooperativa

2.1.3.      Priorizar a adquisición das técnicas e habilidades instrumentais básicas, dando especial relevancia:
2.1.3.1. Á adquisición de conceptos básicos.
2.1.3.2.Ó desenvolvemento de habilidades metalingüísticas.
2.1.3.3.Á comprensión lectora.
2.1.3.4.Adquisición de estratexias para a resolución de problemas.
2.1.3.5.Adquisición de estratexias para aprender a pensar.
2.1.4.      Desenvolver ó máximo as súas capacidades cognitivas tanto lingüísticas como atencionais, de memoria e razoamento lóxico, como elementos básicos de integración e comunicación.
2.1.5.      Aumentar os niveis de autoestima e autosuficiencia para o desenvolvemento integral da súa personalidade.


3.      OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

3.1.   Traballar a relaxación: segmentaria e total

3.2.   Realizar unha correcta respiración costoabdominal, Aumentar a capacidade torácica. Conseguir un sopro controlado.

3.3.   Realización de exercicios: bucolinguofaciais, mandibulares e velares

3.4.   Traballar a discriminación auditiva en sons, fonemas e palabras.

3.5.   Traballar a memoria auditiva partindo dos ritmos

3.6.   Traballa-la percepción e memoria visual

3.7.   Traballa-la atención

3.8.   Traballa-la orientación espacio-temporal: cores, formas, tamaño, direccionalidade, lateralidade, …

3.9.   Potencia-la comprensión e expresión oral

3.10.                   Traballa-la coordinación fina, grosa, óculo-manual

3.11.                   Traballa-la lectoescritura

3.12.                   Traballar hábitos de autonomía e conducta

3.13.                   Traballar contados do entorno social e natural

3.14.                   Traballar a área lóxico-matemática: razonamento, seriación, clasificacións, cálculo, numeración, …



4.      CONTIDOS

4.1.   Os contidos básicos para tratar neste curso son:

4.1.1.      Relaxación

4.1.2.      Respiración

4.1.3.      Articulación

4.1.4.      Precepción auditiva:

4.1.4.1.Discrininación auditiva

4.1.4.2.Memoria auditiva

4.1.5.      Percepción visual

4.1.5.1.Discriminación visual

4.1.5.2.Memoria visual

4.1.6.      Atención

4.1.7.      Orientación espacio-temporal

4.1.8.      Comprensión e expresión oral

4.1.9.      Coordinación

4.1.9.1.Motricidade fina

4.1.9.2.Motricidade grosa

4.1.10.  Lectoescritura

4.1.11.  Hábitos de autonomía e conducta

4.1.12.  Lóxica matemática

4.1.13.  Estratexias para a resolución de problemas.

4.1.14.  Técnicas de estúdio.

4.1.15.  Coñecemento do medio social e natural



5.      TEMPORALIZACIÓN

Os tempos semanais de atención o alumnado o longo do curso previsto están recollidos no P.A.D.. A referencia temporal e trimestral de maneira que o remate de cada trimestre farase unha revisión dando altas naqueles casos rehabilitados e collendo novos alumnos que precisen atención.



6.      AVALIACIÓN

A avaliación vai ser formativa e continuada e sempre tendo en conta posibles avances ou retroceso.
Do mesmo xeito elaboraranse rexistros de vocabulario para facilitar a labor educativa nos casos en que proceda.

6.1.   Inicial

Información dos titores

Psicopedagóxica: realizado polo equipo de orientación, garantindo a detección precoz das dificultades

6.2.   Contínua:
Analizará a adquisición dos obxectivos o longo do proceso de reaprendizaxe. Unha vez superadas as dificultades os alumnos poderán integrarse normalmente nas actividades da sua aula

6.3.   Final

No caso de adaptacións significativas, teranse en conta os obxectivos e criterios de avaliación fixados para eles nas A.C.S. correspondentes. Trátarase dunha valoración cualitativa do progreso do alumno respecto ós obxectivos propostos na adaptación.