EDUCACIÓN INFANTIL


 
CURSO  2017-2018
 

Os alumnos e alumnas de Educación Infantil  celebraron o magosto, o 14 de novembro,  no seu colexio. Este día comeron empanadas, bolos preñados e bicas. Durante esta actividade tamén participaron no patio en diferentes xogos relacionados coa castaña.



 

 

 
Os alumnos de Infantil participaron en divertidos xogos coas castañas
 

 

 
 
 
 

 
 
 
PLAN DE AUTOPROTECCIÓN:  O centro conta con dous plans de autoprotección, un para o colexio de Primaria e outro para o colexio de Infantil. En aplicación do mesmo o persoal docente recibiu a correspondente formación e foi posto ao día en técnicas de Primeiros Auxilios pola Cruz Vermella.  
Corresponde en cada inicio de curso poñer en práctica ditos plans co fin de realizar as melloras necesarias para a súa optimización. Así, o día 27 de outubro, os alumnos de Infantil simularon unha situación de emerxencia producida por un hipotético incendio incontrolado na cociña. Trátase de medir tempos de saída dos alumnos das aulas ao punto de reunión e avaliar a eficacia das estratexias deseñadas. O obxectivo que se pretende é que os alumnos se habitúen ás pautas que deben seguir no caso dunha emerxencia. Esto vai a permitir contar cuns plans prácticos que chegado o caso podan ser de enorme utilidade.

A evacuación do colexio de Educación Infantil, dadas as características de seguridade coas que conta este moderno centro (os alumnos empregan rampas en lugar de escaleiras), fixo que a totalidade dos alumnos de Infantil (132 alumnos) evacuara o edificio exactamente en 3 minutos. Tal e como estaba planificado e superando con creces o tempo estimado para unha evacuación destas características.
Nas próximas datas terá lugar o simulacro de evacuación do colexio de Educación Primaria.
 

 

Todos os alumnos de Infantil evacuaron o colexio de forma ordenada en 3 minutos
 
 



 
A maxia do Samaín fixo converter aos nenos e nenas de Infantil en bruxas e pantasmas!!










Coa colaboración das familias, os alumnos e alumnas de Infantil gozan estes días de simpáticos traballos adicados este curso aos barcos pantasma e monstros mariños.


















 


GRADUACIÓN  EN  EDUCACIÓN  INF
 CURSO 2016-2017
ANTIL
GRADUACIÓN  EN  EDUCACIÓN  INFANTIL

O xoves 22, os alumnos e alumnas de 5 anos, con motivo do remate dos seus estudos, tiveron un emotivo acto no que recibiron das mans da súa titora e titor un diploma, unha orla coas fotos dos seus compañeiros e compañeiras, así como un pequeno agasallo. Esta graduación ten un dobre valor, tanto polo que significa de final dunha importante etapa das súas vidas como polo inicio doutra non menos interesante. Durante o acto cantaron cancións, bailaron e recitaron unha fermosa despedida. Grazas a todas as familias que asistiron e compartiron este entrañable momento.









 


CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIAL EN INFANTIL
CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIAL PARA INFANTIL
O 7 de xuño os alumnos e alumnas de Educación Infantil tiveron un divertido circuíto de Educación Vial no patio do colexio de Primaria. Esta actividade busca, por una banda, mellorar as habilidades dos nenos e nenas na vía pública, e por outra que aprendan conceptos básicos de seguridade vial, á vez que se fomenta neles a convivencia, o respeto e a responsabilidade. O día 14 de xuño haberá outro circuíto para os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria.
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

INFANTIL  VISITA  OS  FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS

O 30 de maio de 2017, os alumnos de Educación Infantil desprazáronse ata o Festival Internacional de Xardíns para gozar das creacións paisaxistas propostas. É de destacar a realizada por esta etapa educativa e que consiste nun orixinal e fermoso labirinto no que se cruzan moitos camiños.
 
 





 
 




 INFANTIL

Taller de ilustración con Pepe Carreiro


O 26 de maio de 2017, os alumnos de Educación Infantil tiveron un taller de ilustración co coñecido debuxante Pepe Carreiro. A súa obra máis coñecida para os cativos é a colección de libros Os Bolechas que botou a andar no ano 2000. Facendo uso dun especial sentido do humor para comunicarse, os alumnos gozaron dos seus debuxos. 



 
 
 
 
 
 


A MESA DE LUZ  EN  INFANTIL


Neste curso 2016-2017 levarase a cabo unha segunda liña de traballo. Esta nova liña denomínase Estratexia metodolóxica para o traballo cooperativo, para dar a coñecer o aproveitamento pedagóxico da mesa de luz na aula de Infantil. Serán 60 horas  de traballo repartidas nun curso de formación sobre as novas metodoloxías coa mesa de luz en Educación Infantil e un grupo de traballo para a elaboración das mesas de luz e  material pedagóxico para un uso cooperativo e inclusivo.
A mesa de luz está baseada na pedagoxía de Reggio Emilia. O ser autor Loris Malaguzzi, dáballe importancia ás actividades e xogos con luz e escuridade para fomentar a sensorialidade e creatividade. Consiste nun panel de luz, onde se poden resaltar propiedades e atributos dos elementos e materiais que se colocan enriba dela.




   
As mesas de luz invitan á observación, descubrimento, imaxinación, atención, exploración, creatividade, a ser científicos e artistas, e a explorar as cualidades físicas e expresivas da luz.   O seu poder atractivo fai que sexa máis fácil ver o que doutra maneira pode ser difícil de ver, e así poder ofrecer unha metodoloxía máis activa e participativa na atención á diversidade. Son un excelente recurso para a aprendizaxe académica como a lectoescritura, linguaxe, lóxica-matemática, e ciencias pero tamén para o xogo libre e a arte.
As mesas de luz permiten crear un espazo de aprendizaxe atractivo e acolledor, que anima aos nenos e nenas a participar en actividades de aprendizaxe a través do xogo, sen que  nin sequera se dean conta.  Son unha excelente fonte de información multisensorial, onde a vía visual cobra especial protagonismo. Os nenos e nenas séntense atraídos pola luz do panel e, a miúdo cálmanse coa estimulación visual mentres exploran un obxecto, polo que son un bo recurso non soamente para a etapa de Infantil senón, para nenos con dificultades de aprendizaxe.





Algunhas das actividades que se poden realizar son:
  •  Paletas de cores, trasbase de líquidos coloreados para explorar a mestura de cores.
  •  Radiografías para mirar osos e esqueletos de animais invitando ao  xogo dramático facéndose pasar por médicos e veterinarios. 
  •   Exploración de flores e follas para construír percepcións máis profundas do medio natural que a través da luz vense doutra forma.
  • Perfeccionamento das habilidades motoras finas, a través da reprodución de grafismos sobre papel translúcido, e colocación de elementos de diferentes tamaños enriba dos camiños empregando diferentes útiles como pinzas, pallas....
  • · Clasificación e organización de obxectos e materiais atendendo a diferentes cualidades como forma, cor, cantidade...
  • Reprodución de contos e creación de  historias novas a partir de imaxes translúcidas ou siluetas negras.
  • ·Composición libre de obras artísticas, empregando diferentes elementos translúcidos atendendo aos diferentes centros de interese e festividades do curso académico.
  • ·Reprodución da direccionalidade de letras, números, grafismos.. en bolsas con líquido colorante.


O  MAGOSTO  2016




Todos os alumnos de Infantil celebraron o magosto o 15 de novembro, no seu colexio. Este día comeron empanadas, chourizos asados, bolos preñados e bicas. Tamen gozaron dunha fogueira e de xogos: circuito da castaña, carreira de culleres, relevos de castañas, karaoke e o encestador de Dona Castaña.














a  visita  do  apalpador  2016


O día 20 de decembro chegou ao colexio de Infantil o Apalpador despois dunha longa viaxe dende as montañas do Courel. Foi visitando todas as clases para agasallar aos nenos e nenas con caramelos, á vez que lles repartiu as cartas nas que pedirlle os seus desexos.                                                                











a  VISITA  DO  PAXE  REAL  2016


O día 21 de decembro o colexio de Infantil recibiu ao Paxe Real que fixo unha longa viaxe dende Oriente ata Allariz para recoller as cartas dos nenos e nenas. Tamén deu lectura a unha mensaxe das Súas Maxestades e repartiu golosiñas. Unha vez recollidas todas as cartas, regresou pola tarde de novoa a Oriente para que as Maxestades as lean canto antes e así poder preparar os regalos.




O Paxe Real escoitou todos os desexos dos nenos e nenas






O  SAMAÍN  EN  INFANTIL  2016

















 LIBROS DE TEXTO DE INFANTIL




Libros de Educación Infantil 2016-2017

Os alumnos de 3 anos non teñen libros




 SIMULACRO  DE  EVACUACIÓN  EN  INFANTIL  2016 



 





  NOVA  AULA  DE  INFORMÁTICA  EN  INFANTIL




Dende o mes de xaneiro de 2016, e unha vez solventados todos os aspectos técnicos, o novo colexio de Educación Infantil conta xa coa súa propia Aula de Informática. Deste xeito o centro dispón dende agora de dúas aulas de informática: una para Primaria e outra para Infantil. En total, os alumnos e alumnas teñen a súa disposición nestes espazos  50 ordenadores.













  NOVO  EQUIPAMENTO  NO  PATIO  DE  INFANTIL




  
Foi solicitado á Consellería material de xogo para o patio do colexio de Educación Infantil. Este equipamento foi instalado o 26 de xuño de 2015. Estará a disposición dos alumnos no curso que ven.